A Coral Polifónica de Piloño e os Gaiteiros de Piloño interpretan a Muradana.
Se queres ver a actuación completa de ambas formacións, fai clic aquí.
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]

A Coral Polifónica de Piloño e os Gaiteiros de Piloño interpretan a Muradana.
Se queres ver a actuación completa de ambas formacións, fai clic aquí.

Once corais dunha tacada!
Comecei a gravar ás cinco da tarde e rematei despois das oito. O meu obxectivo eran os meus, os de Piloño, que cantaban en cuarto lugar, pero decidín recoller todo o acto.
Esta é a actuación da Coral Polifónica de Piloño
E esta é a ligazón para ir ao concerto completo, só para auténticos fans… Funo minutando para facilitar a búsqueda de cada agrupación.

Os meus amigos de Piloño non paran de traballar. Pasan moitas horas ensaiando cada tema para pulir erros e para conseguir un mellor axuste das voces, sempre en busca da excelencia, que xa sabemos que é unha meta [case] inalcanzable. Hai unha frase de Samuel Beckett que parece aplicable ao seu esforzo: “Dá igual. Proba outra vez. Falla outra vez. Falla mellor”.
Espero que manteñan este espírito o ano que vén.
[Tamén en Youtube. A actuación completa pode verse aquí]

O 22 de novembro tocou viaxar coa Coral Polifónica de Piloño para participar no Certamen Internacional “Villa de Avilés“. Aquí vai a crónica:
[Tamén en Youtube, por suposto, con isto de propina…]

Os cinco folios do PDF que acompañan a esta entrada veñen sendo unha miniguía exemplar de como unha institución se pode rir na túa cara. Debullamos:
-Os folios 1 e 2 corresponden a un escrito asinado o 4 de xullo polo alcalde de Teo e dirixido á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. O texto dá conta dun fallo masivo do servizo ADSL e leva adxuntas as copias das reclamacións dos veciños e veciñas afectados. O documento do alcalde está escrito en lingua galega (lingua oficial en Galicia, sobra dicilo…).
-O folio 3 é un oficio no que o Instituto Galego de Consumo anuncia a remisión dunha copia do expediente recibido desde o Concello de Teo á Xefatura Provincial da Secretaría de Estado de Telecomunicacións, un órgano que depende do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. O devandito oficio, dirixido á cidade de A Coruña, tamén está redactado en lingua galega.
-O folio 4 é outro oficio polo que se dá traslado de toda a documentación á Dirección General de Telecomunicaciones y Tecnologías de la Información, en Madrid. Este texto xa está escrito en lingua castelá.
-Chegamos ao folio 5, o do desenlace, recibido onte por correo postal. Alucinamos cando lemos que se lle insta ao reclamante a presentar de novo toda a documentación “debidamente traducida al castellano“.

Desde que me convertín nunha especie de reporteiro das actuacións da Coral Polifónica de Piloño tiña curiosidade por asistir aos ensaios. Misión cumprida, como poderás comprobar se queres dedicarlle uns minutiños…
Tamén en YouTube [aquí]

Este vídeo está cociñado do xeito que está porque cometín un erro á hora de gravar a secuencia e quedoume desenfocada. Amoloume un pouco, porque sei de sobra que o Menú é a peza estrela dos amigos e amigas da Coral Polifónica de Piloño.
Tamén en YouTube [aquí]

Neste vídeo experimentei coa GoPro, un xoguetiño que ofrece imaxes envolventes dunha calidade que sorprende…

O pasado 25 de abril tiven a ocasión de participar nunha visita moi especial ás instalacións da Televisión de Galicia (San Marcos, Santiago de Compostela). Botamos toda a mañá vendo como traballaban os profesionais da casa, algo que sería impensable se non contaramos coa amabilidade e o enchufe de Jorge Godás, un creativo da Galega con moitos anos de experiencia no medio.
Tamén en Vimeo [aquí]

Imaxes de aquí e de acolá para xogar cunha canción de aCadaCanto e cuns textos extraídos do poemario Transmuta, de Xabier Cordal.
Tamén en YouTube: aquí


Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
Falaron