Hai xa varios días que non dou accedido ao meu vello blogue e dame algo de mala espiña… tanta que decidín habilitar unha casiña para irme mudando pouco a pouco.
O meu [vello] blogue estaba nunha plataforma xa anticuada, a que ofrece ya.com, polo que espero que en WordPress vou atopar un aloxamento mellor.
Para acceder, xa sabes: http://www.xose.org ou http://www.ofalabarato.com
Considérate na túa casa.





Vendo estas deliciosas imaxes e escoitando a “Barcarola” de Ofenbach, Edelmiro non puido reprimir as ganas de teclear “PRIIIIIIMEEEEEEEEEEE” para celebrar este xiro dado polo Falabarato. Longa vida, desexoulle, e confiou en non dar con ese can ruín.
Fermoso paseo. Camiñar canda a auga ao compás desta música sublime. Só che faltan os remos.
Parabéns pola nova bitácora!
Parabéns para o mellor cámara de Cachóns. Agardamos contar pronto con novos recursos para aprender a mirar ao noso redor.
Eu nunca atopo estes sitios tan marabillosos que atopas ti. Será que non sei buscar. Parabéns polo teu novo blog.
O Falabarato davos as grazas por tanto divino piropo. Así dá gusto…
Ide facendo un oco para unhas cañas.
Fermoso vídeo. O de “Prohibido pasar. Can ruin.” , chegoume o alma, jejeje. Sorte ca nova bitácora, aquí seguiremos coma sempre, atentos o Falabarato. Saudos.
Pois sempre ë unha alegría volver a saber de tí, si é o de sempre, todo avanza demasiado rápido
Dinme unha volta por aqui. Moi bo o video da Saleta.
Saúdos
Javi
……O gusto é todo meu.Casa nova -nome novo.
Marta.
Parabéns.
…O gusto é todo meu.Casa nova-nome novo.
Parabéns.
XXXXXXXXXXXXXX