post

A Saleta 2008

A semana pasada celebrouse en Siador (Silleda) a festa da Saleta, que ven sendo o nome da montaña na que se lle apareceu, alá polo século XIX, a Virxe María a uns pastores.

Póñoche un vídeo-resumo dos dous días nos que estiven alí coa cámara. Se tes paciencia, contra o remate da reportaxe poderás asistir á confirmación de que os milagres se siguen producindo nos tempos que corren, aínda que adaptados ás novas realidades. Cóntanolo, e non sen coña, o pulpeiro Plácido.

Ver vídeo en YouTube (recomendada a opción “Ver en alta calidade”)

Comments

  1. Graciñas por este vídeo xa que o enviei para a miña familia de Arxentina
    Un biquiño,
    María

  2. Xa vexo que hai moito que ver aquí, e hoxe non teño tempo que vou de pasada.
    Engádote en favoritos que me está parecendo o teu blogue toda unha descuberta!

    saúdos

Deixar unha resposta