Estes días ándoche un pouco melancólico. Será cousa do Nadal.
O caso é que este estado de ánimo levoume a coller a cámara de novo e traballar un pouquiño nun vídeo meu e nos meus temas recurrentes: os meus pais e a miña aldea.
Vídeo en Vimeo:
[Vimeo 8506684]
O mesmo vídeo en YouTube:





Que ben que volviches! Xa te botabamos en falta.
Os teus pais, non pasa o tempo por eles, de verdade. Que ben!
Ás veces, e só ás veces, un chisco de melancolía non é tan mala cousa, sempre que se poida comunicar ou compartir… e ti sábelo facer.
Un gatiño/a un pouco tímido, as pitas correndo… fíxesme rir. Un paseo invernal ben xeitoso. E un paraugas chulisssmo e orixinal o da túa nai! Que fuches a misa??
Feliz Aninovo por Cachóns!
Bicos @@
Fun á misa, e logo! Meu pai nunca vira traballar o botafumeiro en vivo, e eso que Cachóns queda a poucos km de Santiago, así que fomos o día de aninovo á catedral para facer a nosa peregrinación.
Unnmh,ás veces a melancolía fai un regazo tan “doce” que nos deixamos levar e arrolar.Que traballiño costa baixar!!
“Os meus pais e a miña aldea”son perfectos,recorfortantes…..
poucas cousa pode haber mellor!!?
Que no 2010 logres moitas, moitisimas satisfaccións.
Fixestes moi ben ir de peregrinación á catedral. Eu fun hoxe e ata entrei pola porta santa, que menos!
Apertas @@
Grazas polos comentarios e os bos desexos. A ver se se cumpren para todos.