post

Pacto

Nunca traballei moito neste blogue. De vez en cando vou poñendo un vídeo… e punto. Hai polo mundo blogueiros e blogueiras aos que o corpo lles pide máis, ou que teñen máis que contar ou eu que sei… O caso é que hai quen produce moito e quen, coma min, case nada. Por se fose pouco, teño tamén o defecto de non contestar case nunca os comentarios que a xente me vai deixando, o que me convirte nun cibermaleducado.

Por todas estas cousas e outras que non veñen ao caso tiña pensado deixar de alimentar este recanto, que xa me leva dado as súas boas satisfaccións e que cría xa un proxecto esgotado. Ademais, hai tantas bitácoras por aí circulando que esta miña podía morrer tranquila sen que se enterase case ninguén.

Comentei todo isto con Aura, a entusiasta creadora de Harmonía de Cores, que me confesou que ela tamén estaba a punto de facer o mesmo co seu blogue.  Falamos e convenceume para seguir un pouco máis co meu humilde proxecto, se é que pode chamárselle proxecto e esto que eu fago; non sei. En todo caso, é un recunchiño que para min foi durante bastante tempo algo así como o meu propio ceo.

Hoxe non publico ningún vídeo meu, pero quero compartir con Aura e con todos e todas vós un traballo de Roberto Pérez Toledo que se titula, precisamente, Nuestro propio cielo. É un pouco “pastelero”, como apuntou o colega Eliseu, pero a min gustoume. Será que estou algo “bizcochón” esta tempada.

Unha aperta.

Comments

  1. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Se dixésemos en alto todo o que nos pasa, pola cabeza…

    Esta casiña é un paraíso, no que atopo: amor, tenrura, cousas novas, outras esquecidas.
    Tamén: risas, tranquilidade, nostalxias e melancolías…Xente, calor, paixases, frases, música, VIDA…, ponos máis dieta, se queres, pero non nos deixes sin alimento. Eu, o que menos busco é contestación.

    Aura ten sempre razón, seguide un anaquiño máis (a vida é tan breve).
    Biquiños os dous.

    A!!!! e estás máis que estupendo, GRAZAS.

  2. Pois alégrame moito que tomases esta decisión, Falabarato. E agardamos que publiques novos vídeos. Agora que se acerca o entroido, recursos non che han de faltar.
    Unha aperta.

  3. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Eu tamén o considero o meu ceo, e daríame moita pena que o pecharas…

Deixar unha resposta