E para cando outro vídeo sobre Silleda?, me preguntaban recentemente nun comentario publicado nesta web. A resposta chegaba curiosamente ese mesmo día da man de Manolo do Avenida, ilustre hosteleiro e consumado equilibrista da capital do Trasdeza, que me fixo entrega dun vídeo VHS no que se recollen case dúas horas de imaxes dalgúns entroidos celebrados en Silleda hai xa ben tempo.
O meu traballo con ese material consistiu en dixitalizalo e editalo para eliminar, na medida do posible, os moitos erros de lectura que se producen durante a súa execución como consecuencia da avanzada idade do soporte. Volqueino a un arquivo e fixen unha proxección piloto ante silledenses de pro. Como vin que o asunto interesaba, tomei a decisión de ir montando uns cantos clips de arredor de dez minutos para ir poñendo aquí.
Aí vai o primeiro.
En Vimeo (máis calidade):
En YouTube:





Boa idea recuperar a memoria dos entroidos, grazas a Manolo. Animación e multiculturalismo polas rúas de Silleda!! Esperamos máis clips.
PS/ Ata me pareceu ver algunha cara coñecida… cantando e bailando… Podería ser, Falabarato?