post

Silleda: entroidos do século XX / 3

Hoxe ofrézoche o terceiro capítulo da serie Silleda: entroidos do século XX.

Mentras editaba este clip caín na conta de que no anterior hai un elemento que permite datar con certa precisión as imaxes coas que estou a traballar. Se volves a el comprobarás que, ao pouco de empezar, o entrevistador se interesa por un personaxe ao que lle chama Sabrina. Unhas nenas que andan por alí corríxeno a viva voz: “Non é Sabrina, é Cicciolina!”. Pois ben, esta feliz confusión pode axudarnos a situar ese entroido no tempo cunha certa precisión, xa que a fama da explosiva e fugaz Sabrina Salerno naceu e morreu a finais dos anos oitenta.

En Vimeo:

Tamén en YouTube, aquí.

Comments

  1. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Carai, máis de vinte tantos anos despois, que veu o especial fin de ano do 87 non pode olvidar as preciosuras voadoras da Sabrina…bois, bois ,bois.

    Unha aperta.

  2. Avatar de Descoñecido Silledense says:

    Bueno, bueno, bueno…
    ¡Vaia co traballiño que estás facendo con eses videos! Quitaría o pucho se o tivera.
    Noraboa polo cambio da foto de portada. ¿Tela en pegatinas? Se e así, pásame unha, anda.

Deixar unha resposta