-Sorprendeume moito -pero moito- que aínda te acordases de min!
-Sempre estiven pertiño de ti, sempre buscando “o modo de te acompañar sen estorbo”.
-Sabes o que me vén moitas veces á cabeza? Aquela blusa branca de infinitos botóns que levabas ás festas.
-Esa é unha lembranza tan tenra, tanto, que ata fai que me ruborice.





Cando es neno e vives nese mundo medio real, medio fantasia, adoitamos pensar que somos alguen especial, únicos…. logo a vida demostrache que só somos simples mortais percorrendo un camiño….
E, un día, case sen contar decátaste que realmente si fuches alguén, moi, moi, especial. Coma seguramente lle estará a pasar á dona daquela blusiña branca. Bicos
Bueno, non me extraña que se ruborice. E que o dos infinitos botóns é unha referencia clara a algún tipo de intimidade.
Destila tenrura esta entrada, coma a cara de Chagall bicando á súa dona no dia do seu cumpreanos, despois de agasallala cun ramo de flores, [non me extrañaría que estiveran a escoitar a música coa que tí vestes as imaxes]
Esta vez foime doado saber cal é
Entro no Falabarato e, coma sempre, sorpréndeme. Cada traballo supera ao anterior. Iso é o que eu penso. Neste, derrochas sensibilidade, tenrura, beleza… O diálogo emociona con cada expresión. Gústame moito moito.
Volvo ver o vídeo: esas cores tan intensas, tan vivas… fan que mires e consigas ver o mundo doutra maneira, con máis alegría e optimismo. Falta nos fai! A música, acertada; acorde coas imaxes e coas palabras, recordos, lembranzas… Pura terapia!!!
“o modo de te acompañar sen estorbo”. Fermoso.
Grazas por seguires publicando con tal entusiasmo.
Hai veces que os teus post resultan bastante… hipnóticos. ¡Canta emoción en poucas palabras!