Estivo varios días sostendo unha dura batalla co teclado ata que conseguiu meter nunha folla o seu listín telefónico. Estaba orgullosísimo do seu traballo e cansouse de amosarllo a todo aquel que se lle cruzaba no camiño. Tan satisfeito estaba o home co seu folio que se me ocurriu facerlle unha proposta:
-Que che parece se corriximos catro cousiñas de nada, o imprimimos de novo e o levas a que cho plastifiquen? Verás que ben che queda.
Así se fixo. Á semana seguinte tróuxome o documento xa plastificado. O folio tiña un aspecto extraño, así como fofo. O plástico non se axustaba ao papel, bailaba darredor del. Pregunteille a que papelería o levara. Respondeu con naturalidade:
-Plastificáronmo na máquina de envasar os chourizos.





E claro que sí!
Tanta especialización!
Ainda que nunca vin unha máquina de envasar chourizos na miña vida, pregúntome como se fará para plastificar un folio. A forma non se parece, nin a textura, e sobre todo, o sabor! 😀
A anécdota é ben simpática, abofé que si! E o folio sairía cheirando a pemento, claro…
[E á persoa que o “plastificou”, non lle estrañaría tal petición??]
Vai moito frío! Sorrisosssss:-)), para combatilo.
Envasado ou plastificado, o home saleu do paso.
Tamén coas modas, ás veces vese cada modelo….
O importante: tirar pa diante , ir aprendendo e vencer este friiiiiiiio.
Unha aperta.
Mui boa !.