Mire la calle.
¿Cómo puede usted ser
indiferente a ese gran río
de huesos, a ese gran río
de sueños, a ese gran río
de sangre, a ese gran río?
Nicolás Guillén
-Neno, perdoa por chamarte a estas horas, pero é que estaba tan a desgusto que necesitaba sentir que hai alguén do outro lado. Non sei se me entenderás…
Claro que te entendo, moito máis do que cres. O que non sabes, imaxino, é que esa chamada túa me trouxo paz nun día no que o sangue se me quixo poñer de novo ao galope. E sabes unha cousa? Cando recupero a paz sinto que retorno á plenitude do río grande.





Non sei se entendín ben -é difícil, Xosé-, pero eu tamén experimento esa sensación de plenitude cando movo ficha e saio ao encontro da vida…
Envíoche unha apertaza e moita paz.
Pois se o poeta nos chama ” sacos de osos ”
unha aperta, dun saquiño a outo.
[ suaviña, non vaia ser que nos desconxuntemos ]
Unha aperta moi forte, que creo que non ha sobrar.
E quen non experimentou ese goce dunha chamada coa que non se contaba, e á hora que menos un se imaxinaba, e por riba, de alguén que nos precisa? Sempre é mellor dar que recibir, aínda que o curioso é que canto mais das moito mais recibes.
Apertas á deshora.
este posteo teu, con ese remate algo literario e citando os versos de Nicolás Guillén é dos que me gustan a min.
despois non me entero moi ben do que queres dicir, pero bueno, cada un fai a súa propia lectura, que é tamén interesante, [achéguese un máis ou menos ó sentido do post]
a persoa que comentou anteriormente, poida que atinara ben co que querías dicir.
[conste que me fixeches pensar co asunto este, porque teño tendencia a esquecer as veces que recurriron a min e que me sentin ben por axudar, e crer en cambio que cando eu digo help! son chamadas intempestivas, inoportunas, inapropiadas…]
As veces ese gran río asfixia e outras ben que necesitamos que estea aí.
Tal vez ao final, despois de tanto loitar -moitas veces contra corrente- todos acabemos nun mesmo ¿¿¿gran mar??? Quen sabe…