Con paciencia de formiguiña vai anotando Ánxela os topónimos galegos que lle enchen o ollo: uns chegan ao seu caderno por curiosos, moitos por bonitos, outros porque a emocionan, porque falan do que fomos e do que [aínda] somos…
Onte remitiume unha escolma dos tesouros que garda na súa libretiña e apeteceume compartila aquí, pouco antes de que o borbón volva copar, outro ano máis, todo o share.
Unha apertaza desde Cachóns!





Unha aperta moi forte, Xosé!!!!!!
É esta unha colección que non hai que mercar os dous primeiros fascículos en outubro!, gratuíta e sempre sorprendente.
Non teño ningún deses topónimos na miña colección de favoritos. Te cambio “A Fonte” e “Nai”,
por
Seixo Branco e Cariño
que os teño “repes”…
…qué escoitando ó rei?
[ bótanme unha mirada dun segundo cun sorriso e voltan á pantalla,fíxome no atentos que están e
tamén lembro outros velliños…. e a cazolaza de peixe que metín nun forno que non é o da miña casa ]
Qué, que dixo ?
– e que ía decir muller o de tódolos anos.
– e que ti se non escoitas ó rei non che vai ben.
– e logo non ves home que botan o mesmo en tódalas cadenas.
– tamén é verdade e po que hai que ver…
E sentenciame ela:
– mira, é preferible escoitar ó rei e non ver
tantas traxedias e asidentes !!!
Bo Nadal e bicos.
A Fonte Ouxín, Uceira, Val das Cerdeiriñas… Que ben soan! Grazas, Ánxela!
Gústanme todos, mais estes son os tres topónimos que a min máis me enchen o ollo.
[A entrada recordoume ao mini-diccionario-alfabético de Harmonía…]
Apertas desde o Deza.
Facéndolle a competencia ao borbón, eh? Eu, un ano máis, esquecín escoitalo. Menos mal que non esquecín hoxe visitar O Falabarato!
Boas Festas!!
Un bicazo!
A ti, non ao borbón ese…
A min gústanme A moa, Caticovas e Guimarei
A min encántame Briabi, na Cañiza,e A Cachopiña, na Baña.
E que me dicides da terminoloxía navideña xa que estamos na época? Exipto, Belén…
Caboi, Vilapedra, Adai…
Son tesouriños, son tesouros.