Comments
Trackbacks
-
[…] solsticio jamendo? […]
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]


| Mónica en Pasando do Facebook | |
| paideleo en uxío escribe sobre as terras d… | |
| bristolmania en xeografías [decembro 2018] | |
| Anónimo en habaneras | |
| Anónimo en once corais en Ribadumia | |
| marsanpilo en un canto en moaña, hei! | |
| marsanpilo en avilés | |
| marsanpilo en La questione della lingua | |
| zeltia en menú | |
| zeltia en noite de ensaio |

Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
Boa decisión a de non meter o dediño…
o vídeo, de por si, xa vai sobrado de :
” alto voltaxe “
O mellor de calquera vídeo son as persoas, e neste caso teu irmao está moi ocurrente. Pero tamén me gustou moito o melro rebuldeiro; o mar de coles cubertas de xeada; as cores chamativas das bimbieiras; as follas caíndo das árbores [coma bágoas]; os ourizos das castañas xa apodrecendo, alimentando o chan; a mazaira núa; o camiño, as follas,[o camiño].
Pero o cable que sostén ó pino caído… non ten prezo
Grazas por lembrar as miñas, [algo cursis] palabras. Gústame verme aí 🙂
Posto que o que pensaba comentar xa está todo dito, xunto as palabras de H + as de Zeltia, as que subscribo felmente, e engado: o solsticio de inverno é sinónimo de plenitude e tamén de serenidade, calma, quietude… Iso é o que percibo no vídeo: plenitude, serenidade, cariño, quietude e beleza, moita beleza…, nas persoas e na paisaxe(deixamos o pino electrificado entre paréntese).
Xosé, ese é o estado de ánimo que che desexo que manteñas durante todo o próximo ano!!
E como sei que es amigo de compartir e a beleza sempre se expande, teño a seguridade de que contaxiarás a todos/as os/as que estean ao redor teu. Para min, tamén pido, claro!
Por eso, cando hai boa luz, coma a dese día, todo brilla doutra maneira, non si? E a música de Greendjohn, excelsa, incrementa o grao de plenitude, de equilibrio…
O sentido do humor vénvos de familia así, con toda naturalidade; parabéns para Uxío.
Unha aperta.
Namorei de Cachóns…
Disque as cámaras engordan, pero eu vexo ó Uxío máis delgado que noutras aparicións anteriores.
Seique non lle prestou o Nadal?
Moi bo video. Moi bos comentarios. Inmellorabeis paisaxes.