Os vellos non deben de namorarse é o título da única obra de teatro que escribiu Castelao. Vou a interné e entérome de que esta peza se estreou en Bos Aires hai setenta anos, e ese é tempo máis que suficiente para que calquera artefacto cultural quede relegado á condición de reliquia.
Pois de reliquia, nada, a teor do que me chegou onte durante a representación que ofreceron unhas mozas e mozos de Silleda. Cónstame que non tiveran ocasión de ensaiar moito, e iso sempre pesa no resultado final, pero conquistáronme coa desinhibición e a alegría desbordante que despregaron durante toda a actuación. O público, formado tamén por xente noviña, contaxiouse dese bo rollo e subliñou con gargalladas os momentos cómicos da obra.





Pois cando hai que dar os parabéns, danse, que carallo!
O mellor é ver que ben o estaban a pasar mentres actuaban. Canto tiñamos que aprender os maiores desta rapazada!
Ben dito, Silledense, dá tanto pracer ver a esa xente feliz que mesmo dan ganas de atar un pano á cabeza e sumarse ao coro das chorimiqueiras. Ata o mesmo morto ponse a rir máis dunha vez, se non vin mal…
Aplausos e parabéns!!
Emociona ver actuar aos rapaces e rapazas con tal espontaneidade e alegría.
o videoghit e moi movidiño, con ducias de preciosos ollos mirando á cámara, sorrisos chispeantes e todo ben aderezado coa música.
E a obra, que vou dicir da obra, unha xira habían de facer. [a min paréceme que xa empezo a recoñecer algunha das rapazas]. ai! (suspiro) falta sincronizar o tempo, que polo lugar ese podia estar sendo o meu instituto.
Están as nubes chorando por un amor que morreu…
Os vellos non deben de namorarse non pode pasar desapercibido. Pero Dulce Pontes, Misia e tantas outras axudaron tamén a que así fora.
Parabéns a esta rapazada.
Que cousa tan simpática! Ese colexio é unha mina!!!
E eses frasquiños antigos, que xa poucos quedan, que adornan as boticas cun sabor a antano. Aquelas boticas que eran verdadeiros obradoiros de mediciñas sanas, non como as de agora, autenticos velenos. Non lles falta detalle. E traballanche ben neste instituto estes rapaces. FElicidades, animádevos que valedes moito, xa lle gustaría a moita farándula valer o que valedes vós.