-A reportaxe de Piloño quedouche ben, pero é mágoa que non se recollan algunhas das machadas que a xente do público soltaba…
-Pois ocúrreseme que podo revisar todo o material que recollín e facer outro vídeo que vaia un pouco por onde ti dis.
-Pois faino, anda, e non me sexas preguiceiro!





Canto é ser un bo profesional!,hasta do desastre consigues facer maxia!Noraboa!grazas
A cabeza traballa, jaja
Algunhas desas voces poñen respeto, nen!
así me ghusta, cos deberes feitos xa podes coller a merenda e ir ó parque! XD
dos vídeos que fas, os meus preferidos -até o de agora- son eses que se deteñen nos detalles, envolveitos en músicas que crean un clima íntimo, unha estética moi moi túa; como ese da estación, aquél de neva en silleda e moitos outros;
PERO é que tamén parece que te moves ben neste outro xeito tolo, algo excéntrico, botando fóra paranoias; usando o teu peculiar e agudo sentido do humor, tan particular, tan “falabaratiano”.
Conseguiches un rebumbio caralludo, con personaxes e todo: “ten tino que non te pisen” e o prota de internet; ou o cabalo escaravellador. [eusonmarichamomemarisondepiloño]
E non che digo mais nada que te vas volver un creído.
Teño que felicitar a eusonmarieuchámomemari, que é unha gran reporteira. Que soltura!
Comunícovos que a gran reporteira eusonmarichamomemarisondepiloño está un pouco pachuchiña e vai pasar estes días nun centro hospitalario. Agardemos que a ceiben pronto e que, mentres tanto, manteña o humor.
Amén.
Un par de grandes e divertidas reportaxes.
E que eses días se fagan curtos para Mari, entusiasta colaboradora, dona de: [paréceme a min ]moita forza e capacidade para sanar axiña… que así sexa !!
Bicos
Eu tamén lle desexo unha pronta recuperación a Mari de Piloño.
Unha aperta sanadora.
[Moi divertidas tamén as tomas desta reportaxe]
Saúdos sanadores para Mari [de Piloño]
Xa me ceibaron do hotel “cinco estrelas” de Santiago, por fin, durmín unha noite enteira! ja, ja e quero agradecer a todos os vosos ánimos, GRAZAS.
A reporteira de Piloño xa fala de novo!