post

entroidos de oza 2/ mandan os dacabalo

Pode que vos sorprenda o Guardiola que compareceu o 19 de marzo no campo da festa de Oza. Non é que non viñese guapo e elegante [pordió!], pero a min resultoume novidosa a súa actitude desafiante e pelín macarra. Seguro que a causa desa mutación é ese plus que dá ir dacabalo…

Comments

  1. Avatar de Eliseu Mera eliseumera says:

    Por que non subiu ao cabalo ese ao que non lle paraba a cabeza?

    • pois o xeneral “guardiola” ten un certo parecido co outro… dende logo arrogancia non lle falta!

      hoxe estiven lendo sobre este xeito tradicional da zona do Ulla de celebrar o entroido,
      que haber un abandeirado, un sentinela, dous correos e os xenerais, que varían de número, seica.
      e despois un coro de mozos e mozas,
      e un coro de vellos, que teñen que cantar coplas picantes.
      “cuartetas octosilábicas de rima asonante” lin por aí, das coplas dos xenrais.
      E lin dos “vivas” con esa chamada de atención: atención señores! digan todos a mi voz!
      -Viva don fulano de tal en compañía de su esposa y de toda su familia como natural y vecino de esta parroquia!
      🙂
      ¿ves?
      estiven facendo os deberes;
      coñecer un pouco máis desta tradición [que tamén é da miña zona,-miña nai sabía coplas dun xeneral da Bandeira de memoria, dos anos 40 ou anteriores- pero eu non estivera en ningún ata este ano]

      va que non sabes como se chama o sombreiro dos xenerais, ese tan vistoso, feito con plumas de pavo ou de avestruz?

  2. Qué chulo este entroido!¿que alegría, teñen estes de Oza!, así da gusto como viven a vida!Qué alegres os dous mozos que querían durmir cunha moza no medio! será porque a primavera a sangre altera…

  3. Avatar de Descoñecido Áptera says:

    Pois non ten mala pinta o voso Guardiola 😉
    Xa vou vendo que o producto de Oza é moi competitivo…

  4. Moitoossss aplausos pra eses xenerais que están soberbios !!!!!

    [ -Unha pequeniña discrepancia. Acaso non foi Guardiola o que repiteu coa súa boquiña:
    ” soy irónico, desafiante, crecido y meo colonia…”]

Deixar unha resposta