Iván sempre andou dando voltas por aquí: Iván do Dépor, Iván do Castro, Iván de Silleda, Iván e o Seat Arousa, Iván e as cegoñas…
Desde a semana pasada tamén hai un Iván reporteiro, un Iván que leva a súa videocámara no coche para dispararlle a todo o que se menee. O que nos agarda, mi madriña!
O vídeo de hoxe está feito coas imaxes que gravou estes venres, o día que se lle fixo entrega da cámara. Por alí andaba tamén Maridepiloño, que fixo gala do seu habitual desenfado e botou unha man xenerosa. Grazas a ela foinos posible afondar na personalidade do alcalde sexy que descubrimos no anterior post.





Noraboa polo fichaxe do novo reporteiro incorporado ao Falabarato!
Encantoume a cabeceira do vídeo de hoxe: esa música, esa marydepiloño coa melena ao vento e eses efectos!
Iván demostrou que non lle trema o pulso, enfoca moi ben, corrixe aos tertulianos cando convén…
Noraboa Iván!
[por certo nese “afondar” do alcalde sexy, eu esperaba que un pouco máis de periodismo amarelo!]
bicos, Mary!
Xosé: despois de Iván tí es o mais guapo do vídeo.
Gústame esta forma directa de periodismo de campo. Parabens pola fichaxe dese cámara que promete.
Bicos
E a revisión dese modestísimo salario vai ir ligada á produtividade ou ao IPC?
Grazas polos comentarios, miña xente.
Con respecto á situación contractual de Iván, que é o asunto que lle interesa a don Eliseu, o que podo avanzar neste momento é que non está prevista ningunha revisión da base salarial libremente pactada.
Noraboa a Iván polo seu debut, sempre consigue dar sorpresas.Tamén a Xosé, o traballo quedou moi chulo.
E estou dacordo en que despois de Iván, é o máis guapo do vídeo!
Esperemos contar con máis reportaxes deste matrimonio perfecto Iván e Xosé. Gracias por facerme disfrutar unha tarde!
Un abrazo. Mary
Así que o alcalde guapo era o de Vila de Cruces… Xa me parecía que tiña que ser de por aquí, Falabarato pillabán
Parabéns ao novo reporteiro; xa te vexo gravando gravando…
Formades un bo tándem, Iván e Xosé! E Maridepiloño non se queda nada atrás!
Apertasss aos tres.