Hai poucos días publiquei unha entrada que se titula nimbos. O post leva un pequeno traballo en vídeo no que xoguei con versos de Xosé Mª Díaz Castro, poeta no que ando mergullado esta tempada.
O vídeo de hoxe tamén incorpora textos de Xosé Mª Díaz Castro; versos que saben á auga limpa dos ríos e dos regueiriños, esa auguiña limpa que xa case non hai. Non a hai pero hóuboa, que eu ben me lembro!
[Infinita tristeza cando un se achega ao río Tella, un dos dous que pasan por Cachóns, e percibe o veleno, ole o veleno, ve como avanza -lenta e mortífera- a escuma do veleno. A neglixencia, o desinterese, a absoluta falta de sensibilidade alíanse para que o desastre non se deteña. Non ho, que o que importa é que poñan farolas…!]
O domingo fixen un percorrido por Cachóns, Laña, Eo dos Menecos e Vilanova, todos eles lugares da parroquia de Oza. Seguín o curso do río Santa Lucía, aproveitando os camiños abertos polos pescadores, e gravei as augas mansas, as augas tranquilas, as augas a cachón.
Nota/ O vídeo abre automaticamente con calidade HD. Se advirtes que a túa conexión non permite un visionado razoablemente fluído, fai clic na opción HD e desactívaa.





Que ledicia, ver correr a auga con forza,aínda que sería mellor que estivese limpa!,
O título do vídeo, e perfecto, a auga berra por entre as follas e polas que se interpoñen no seu camiño, e non deixan ver a claridade. Pero, está compensado ca paz, cando trascorre paseniña e fai sentir calma a quen a mira cos ollos do corazón.
Dame a sensación de que estou alí, no medio da auga, e todo tan real… que me dan arrepíos.
Noraboa, unha vez máis Xosé, eres único collendo os pequenos detalles. Saúdos.
O vídeo chegou cargadiño de beleza , a imaxe 01:54 é grandiosa, digo, por elixir unha; mais quédome con cada un dos pasiños , dos versos, con todo; gústame a auga en calquer movemento !!!!
[pero, como fago para esquecer : [ infinita tristeza………. ]]
Un vídeo moi fermoso.
En HD da vertixe mirarse na auga do rio. dis que está suxa, contaminada? ningúén o díria!
que digo? 1:32? 2:04, 2:14, 2:29?
non sabería a onde apuntar.
como se lle nota o poderío á cámara!
Gustoume moito moito.
[Casualmente hoxe fun dar a un vídeo teu dos pexegos maduros, do 2007 unhas cores que tinguen a mirada, que che remexen o cuspe na boca… e pese á maxia da hora que es capaz de captar, pese ao que transmite, pese á mirada única e especial de Falabarato…como se bota de menos esa calidade acojonante destas imaxes que lle engade a tecnoloxía…!
Noraboa pola adquisicón desa ferramenta a través da que nos transmites algo das túas emocións.]
habemos de ir a cachons
de foliada de foliada
Que gusto dá ver tanta auga fresca!
pasei por cachons e vinche as pataquiñas
como me gustan estas augas limpas e calmas!!
berros e sorrisos a cachóns…ummm…
bicos de auga