O venres tivo lugar na casa de Cultura de Silleda a gran gala do concurso Videoghit 2011. Un exitazo.
[O vídeo podería lucir mellor se houbese máis luz, pero decidimos non iluminar para favorecer o desenvolvemento do acto]
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]

O venres tivo lugar na casa de Cultura de Silleda a gran gala do concurso Videoghit 2011. Un exitazo.
[O vídeo podería lucir mellor se houbese máis luz, pero decidimos non iluminar para favorecer o desenvolvemento do acto]

| Mónica en Pasando do Facebook | |
| paideleo en uxío escribe sobre as terras d… | |
| bristolmania en xeografías [decembro 2018] | |
| Anónimo en habaneras | |
| Anónimo en once corais en Ribadumia | |
| marsanpilo en un canto en moaña, hei! | |
| marsanpilo en avilés | |
| marsanpilo en La questione della lingua | |
| zeltia en menú | |
| zeltia en noite de ensaio |

Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
Vinte-Uns, minutiños fantásticos de sorriso de orella a orella
moitos hahahahassss…. aplausossssssss…….
Graciñas…… ;))
Madia levan contigo! [un premio máis tiñan que ter]
😉
Case non se ven os trofeos de Uxío. E os que se ven tiveches que facer malabarismos na montaxe hahaha.
Vale, vale, críticas negativas non, que eu estou agradecida de que recolleras a gala e así poder ver a entrega de premios; ter a ocasión de ver premiados algúns dos vídeos que eu vira cando se presentaron; ver os modelitos das rapazas, lucindo palmito [que para eso o teñen]; ver ós seniors facendo entrega dos trofeos [tí tamén aí moi sorrinte]
E sendo espectadora da gala, escoitando os diálogos das presentadoras -quen escribiu o guión?- lembreime dun acto que presentara eu no meu insti, co Presi da Dipu e demais autoridades e a miña temblona voz de pito.
Supoño que esta vez non haberá versión curta dando renda solta á creatividade falabariatiana e teremos que quedar así coa versión “políticamente correcta”
Pero moitas grazas por colgala no blog, eu disfrutei cos rapaces, coa entrega, co ambiente.
É impresionante o que montou o Suso.
A cada un o seu: esta gala foi posible grazas ao traballo de Suso. Del foi a idea, o deseño, os guións, a coordinación. Creo que falo no nome de todos os colaboradores/as se digo que foi un pracer botar unha man no Videoghit.
Moitas grazas a todos polos halagos. Teño que decir que me gustou a idea e disfrutei da creación destes trofeos. O de “artista” soame pomposo e excesivo; simplemente deixeime levar polo impulso creativo e, como en cada cousa que fago, acabei aprendendo algo novo. O meu irmauciño foi o que me enredou (como sempre) neste proxecto ó que non me poiden negar dada a súa persuasiva insistencia. Noraboa pola montaxe do video, pois ainda que parece longo, vese que está super-resumido e moi currado. Por último debo decir que hoxe, cando estaba no traballo, tiven a grata visita de Suso para saudarme e agradecer a miña colaboración. Este Suso é grande. Longa vida ó VIDEOGHIT.
Mellor imaxe deste video: minuto 13:39 (estilo Rafa Nadal). Para o ano que ven ten que haber alfombra bermella. E non está de mais ir pensando en crear un “paseo das estrelas” no Colmeiro.
Grazas a todos polos inmerecidos parabéns, esta foi unha obra conxunta na que todos botamos unha man. Por iso saíu ben. En fin, só ando preocupado por se non agradezo a alguén como se merece o esforzo realizado para levar a bo termo un capricho meu. Graciñas.
Parabéns para Suso e para todos os colaboradores na organización e realización do concurso e da gala do videoghit.
Se xa foi un pracer poder presenciar a gala en directo, agora desfruto de novo vendo o vídeo. Grazas, Xosé, por traelo aquí.
Que bonito quedou todo!, Disfruto doblemente porque o vín en directo. Foi algo que me sorprendeu, pensei que iba a ser a típica entrega de premios, pero non. Respirabase un ambiente de alegria, paz e sencillez. Noraboa primeiro os premiados que ben o merecen. O artista Uxío, que non sabería decir que trofeo me gustou mais, o guionista e colaboradores.O guión foi algo especial, parecía unha obra de teatro. E como non a Xosé, que coma sempre fainos revivir os momentos agradables. Grazas por divertirnos.