post

e chovía

[Hai xente que fai maxia cun sacho. Hai xente que sabe que unha leituga é moito máis ca unha leituga. Hai xente que fai fotos dos seus tomates e mas manda por SMS. Ou da tortilla que acaba de facer con ovos e patacas da casa… Ovos de galiñas felices, escribiu alguén que tamén facía maxia]

O domingo púxose a chover. Collín a cámara, un paraugas para protexela e fun pola horta para vivir o orballo. Unha vez máis, e xa van moitas, admirei o traballo incansable de meus pais, horteláns felices de selo.

[vimeo 24439466]

Comments

  1. Non me vai ben en HD, así que desactivei a opción. Índa así vese moi ben, con ese movemento tan sutil. Noraboa aos teus papis polo bo traballo da horta, que para eles será a cousa máis normal do mundo.

  2. Avatar de Alfred Hitchcock Alfred Hitchcock says:

    My dear colleague,
    I sincerely congratulate you for not following my no animals filming rule in such a successfull way.
    God bless you.
    A.H.

    • Avatar de xdafonte xdafonte says:

      Moi agradecido polas súas agarimosas verbas. En realidade seguín ao pé da letra as dúas terceiras partes da súa norma: nin nenos nin, por suposto, Charles Laughton.

  3. ” Coma auga de maio ” foi a choiva do domingo, para as verduriñas da horta.
    E iso que pola mañá, luceu – moito- e deixouse sentir o precioso soliño … así o brillo das rosiñas !!!!.
    Unha pérdese unha vez máis, mirando, con orgullo o agradecida que pode ser a terra coidada con tantísimo mimo e cariño… paciencia…esmero…
    Non creo que haxa tortilla nin tomates, comparables a toda esta bonanza coa que ti nos agasallas día tras día.
    Aperta de agradecemento, e con brillo nos olliños.

  4. Nun primeiro momento as pingas de auga figuráronseme bágoas (das mainiñas, das que alivian, neses choros blandos que nin desfiguran a cara e que deixan un pouso de paz) Pero por que ían chorar esas follas vizosas? [Nese froito da terra Intúese o amor que fai xermolar a vida]
    As imaxes saen da pantalla, Falabarato. Tanta nitidez. Tanta cor.

    A música vaille moi ben, pero penso que non perdería nada en silencio. (O silencio florece […]
    Con eses efectos que lle metes ó video fas que a choiva que cae sexa lentísima, vólvese íntima. A choiva máis silenciosa. É como asistir a algo privado.

    E O aramio do tendal non está roto (lembrei un poema de Dores Tembrás).

  5. ah bueno, vaia con que celebridades [mortas] te codeas!

  6. Avatar de Andrea Andrea says:

    Gracias por ese fermoso vídeo-homenaxe aos teus pais. Eles non aparecen, pero están ben presentes: nos madeiros apilados para o frío do inverno, no esplendor da horta, nesas pinzas baleiras das que Esther de Cachóns colgará a roupa da súa xente cando pare de chover…

  7. O traballo de teus pais non só é incansable, que o é, senón tamén ben “curioso”, que dirían na terra da miña nai, ben pretiño de aí, coa acepción de “coidadoso”, “coidado”, “feito con mimo”…..”Esta lluvia que ciega los cristales/alegrará en perdidos arrabales/las negras uvas de una parra….”.Borges dixit.

  8. Avatar de Edelmiro Silveira Edelmiro Silveira says:

    O Edelmiro viu, cheirou, gozou… e logo, con sumo pracer, descansou.

  9. Levo anos admirando os teus vídeos onde algo tan normal para nós semella arte.

Deixar unha resposta