Di Mari de Piloño que non hai homes. Di Enrique, o director do Orfeón de Piloño, que a escaseza de homes obriga a que as mulleres fagan o traballo que lles tocaría a eles. Din os propios homes das agrupacións corais que fan falta máis homes. Precísanse homes. Homes que canten.
[Estamos en Ponte Arcediago, no concello de Santiso, nun encontro de tres corais da zona]





Esta muller é un portento! Tan ben entrevista como canta… e sempre coa súa característica chispa de humor.
Ben por Mari de Piloño!!!
Viva!!!
:-))
eu estou moi de acordo con iso de que fan falla homes…
mari, estás juapisma!
Pois non o fan nada mal, aínda que non sexa músicos profesionais.
Gustoume moito a simpatía dos rapaces!!!
[a campaña para ser delegado de curso: moito moito moito ;))]
Primeiro dicir que a montaxe do video e realmente impresionante! Eu son o da campaña para ser delegado e como podedes ver tomome as cousas moi en serio. Moitas gracias a todos por ver o video e sobre todo por eloxiar o noso coro xa que traballamos moito para acadar todo isto que facemos e insisto, noraboa pola montaxe do video.
Un vídeo estupendo, son un dos rapaces integrantes do dito coro o rapaz que falaba de “peixes e marisco Rosa” quería darlle os parabéns polo video e animar a xente que lle guste cantar sobre todo homes, que son os que menos se animan a que se unan a estes tipos de corais, xa non digo a esta en particular senon a calquera coral o importante e que estas corais non desaparezan e por desgracia cada vez quedan menos, por eso animo a xente nova que lle guste cantar a participar xa que é unha moi boa experiencia.
Moita da xente nova aínda que lle guste cantar dirá que isto e unha perda de tempo e que non leva a ningún sitio pero eu cos meus 17 anos dígovos que non é ningunha perda de tempo senon que é moi gratificante ver o resultado que se obtén despois de cada ensaio.
E de novo dar as gracias polo montaxe do vídeo e grazas a todos por vernos e comentar.
Que alegría e bo ambiente se respira neste vídeo, e non vos e un conto! Realmente e así!!!
O vídeo, como dín os meus compañeiros quedou estupendo!!
E aproveito en nombre dos meus compañeiros e o director, para darlle as gracias públicamente a Xosé e como non, os GRANDISIMOS parabéns polo traballo realizado. Todo un éxito!!!!
Tamén quero AGRADECERLLE o noso director, a pianista e a todos os membros os esforzos e o interés. Cando rematamos as actuacións e saliron ben, non podedes imaxinar as caras de felicidade que nos quedan, parecemos artistas de gran categoría, hasta se nos incha o peito!! sin estoupar eh! que a ver si imos romper as camisas!!
Eso sí, por Dios, NECESÍTAMOS HOMES URGENTEMENTE!!!!!!!
Facedelle caso a esta xuventude, mirade como están a gusto!
E hasta fan de escoltas cando fai falta! Qué máis queremos?
Anuncio que este video xa traspasou fronteiras, xa o viron en Italia, e impactou!!!
Xa somos internacionales! Aínda nos han de chamar para a boda da duquesa de Alba!!!
Nós xa temos o repertorio preparado por sí acaso.
Mil GRACIAS a todos os espectadores por vernos, os vosos agradables comentarios e apoio!
Si queredes vir para o coro, xa sabedes onde estamos, en Piloño, e esperamosvos cos brazos ben abertos!!!
Saludos e abrazos moi fortes
Mari de Piloño
Diossanto! estou por volverme home e ir! ver o vóso entusiasmo é moi contaxioso; pero observar como vos interrelacionades distintas xeneracións, con tan bo rollito e escoitarvos cantar dándoo todo… non ten prezo.
Querida Zeltia, vente que así axúdasme!!! Damos o “do de pecho” e xa está! ja,ja,
Poñemos os pantalóns e o que vai entre as pernas, aínda que sea de “plástico e de quita e pon”. Porque senón como non estamos acostumbradas a levar algo colgando, igual non damos ben as notas.
Xa verás, revolucionamos ó mundo enteiro, ja,ja.
Un abrazo Mari, e gracias por todo.
Isto si que é promocionarse! Magnífico Orfeón e magnífica entrevistadora Mari, con soltura, alegría, frescura, naturalidade….e que sei eu que máis podería dicir.
Que non quede o traballo sen os meus parabéns.