post

rizoma

Quen borra do teu corazón
o mar e a terra da Provenza?
Quen borra a lembranza do teu corazón?
Que destino te apartou do
ardente sol natal?
Na dor mesma vive todo
aquelo que te fixo feliz,
e só alí encontrarás a paz.

As palabras que o vello Germont lle dirixe a Alfredo, o seu desconsolado fillo, prenden en min e cobran vida cada vez que as escoito [aria Di Provenza il mar, il suol  – La Traviata, Giuseppe Verdi].

Poderosas as palabras, profundo o seu eco, despréganse coma rizoma pola terra e suben tamén por min, que sempre estou regresando.

[O sábado pola tardiña, Cachóns e a recollida de castañas. O luns, tamén atardecendo, paseo pola ribeira do Ulla. O outono está petando á porta]

Tamén en YouTube [aquí]



Comments

  1. Perfección e delicadeza
    Gratitud e alabanza

    ” Amore senza fine “

  2. Excelso e sinxelo.
    Entrañable e sublime.
    Quietude que conmove.

  3. Unha magnífica combinación de colores e imaxes.
    Gustoume especialmente a recollida das castañas de teus pais. Con que agarimo e ledica recollen este manxar do outono!
    Que gran beleza o reflexo do ceo na auga!!!. E tamén cando se entrevé a luz entre as ramas, cando xa está anoitecendo. E a folla que vai caladiña polo río abaixo, caladiña.
    A seta que está ela soliña demostrando o seu poderío. Por ser ela a primeira en salir.
    Non hai palabras, perfecto!!!

  4. Avatar de Zeltia Zeltia says:

    o refrexo rosado, sobre a iagua .
    e como baila. como se mecen: a araña de río, as follas, a escuma (sospeitosa).
    ese contraste do torrente, do remuíño, a inquietude sempre agardando detrás da paz.
    a parella entre os castiñeiros.
    as mazás.

    ai, xosé, nin que me escoitaras. [pero eses días non]

    mais, hoxe, namoran as palabras: todo pode ser Provenza.

Deixar unha resposta