Copio e pego dun artigo de Brétemas de hai anos:
Queda alguén aí? [é] un documental sobre a grave e crecente despoboación no rural do interior de Galicia. A través da vida dunha aldea (Pedroso), na que máis da metade dos seus habitantes supera os cincuenta e cinco anos de idade, plásmase un problema que afecta a todo ese rural do interior galego, un extenso territorio que, se non se pon remedio, en poucos anos será un deserto humano. Para os veciños de Pedroso, a obra máis necesaria é un tanatorio, que os ten ilusionados a todos, a case todos…
Vin ese documental ao pouco de saír publicado en DVD e volvino ver unhas poucas veces máis desde aquela. Onte acordeime del cando paseaba con meu irmán pola beira do río Tella: aqueles camiños de antes que case non existen, aqueles prados que se fixeron monte, a delicada enxeñería de presas de auga e regos que xa non se anova…
A cousa é que me entrou gaña de compartir ese traballo, así que aí deixo a ligazón a Queda algúen aí? para quen lle interese.
PS/ O meu agradecemento á man amiga e exquisita que no seu momento me achegou o DVD. Vale máis tarde ca nunca, non?





Si que quedamos!!!! e si que nos interesa !!!!!. Sempre, sempre,
pero, estamos feitos uns vaghetassssssssssssss
Pois moitas grazas por compartir, Falabarato. [E comparto tamén esa mirada sobre as cousas que xa non.]
Vin onte á noite o documental.
Como son das que necesita expresar as emocións botei de menos velo con alguén e comentar. Tantas cousiñas que me apeteceu:
-a esperanza ao ver pobos como Carraxóo que están a resucitar da man de xente que escolleu un estilo de vida alternativo.
-a festa embaixo e o velatorio enriba…
-o cantador
-imaxes: [a bañeira, os coches da chatarra, o interior das ruínas como vísceras…]
-diálogos [e a muller aguantaba e aguantaba e aguantaba, agora non. as veces á mínima…
e sabes onde están os chavales?: en barcelona, en bilbao. en madrid hai algúns tamén.
quen me dera as túas pernas.] o audio todo é un tesouriño.
tantas cousiñas.
Resumindo: pasoume o mesmiño que Zeltia e concordo co seu comentario 🙂
Grazas por compartir esta xoia de documental!!
(acordeime de Séchu Sende cando vin esa bañeira “totalmente integrada” no prado…)