Detrás miña, a lámpada vermella. O son do río á man dereita, do outro lado da ventá. Os meus ollos navegan polo teito. Péchoos.
-Concéntrate na respiración.
Confeso que nunca souben moi ben como seguir estas instrucións…
-Agora expulsa o aire amodiño. Así, moi ben.
Non precisa mirar, abóndanlle as mans para saber.
-Hai tensión nas dorsais, pero véxote máis lixeiro, máis aberto ás emocións…
E creo que leva razón.
Unha das técnicas que me aplica consiste nunha especie de arrolo. Ata hoxe nunca lle dixera que ese movemento me lembra o que fai meu pai cada ano cando prepara os pipos para o viño novo. Automaticamente vou proxectando a imaxe de meu pai e asisto á cerimonia da colocación dos pipos nunha esqueira tumbada no chan. Despois bótalles dentro auga e unhas pedriñas miúdas e ponse a arrolalos con paciencia. Así cada ano. Tamén este.
PS/ Hoxe entereime de que teño unha glándula que se chama timo.






Ai, as dorsais! E as lumbares! Como me soan eses arrolos, dalgún xeito semellante algo experimentei uns anos atrás e ben que me foi (tamén recoñecezo que debería ter continuado cos “arrolos”).
E ti sempre compartindo, arrolándonos:-) Grazas unha vez máis, Falabarato.
Que proxectes a imaxe de teu pai…, esa “conexión” tamén che axudará, seguro.
Bicos
Verdadeiras e sabias palabras:” as palabras pudrense baixo a terra” e ten que ser así.
E sobre todo co pasado.Cando alguén nos ofende ou recordos vividos que retumban nos oídos e son dolorosas. E un modo para avanzar no futuro. E desde logo liberar a tensión das lumbares, e as emocións xunto co arrolo do pipo seguro que e unha sensación como de VOAR e de LIBERTAD! Gustoume moito a comparación do arrolo cas pedriñasdentro do pipo. Magnífico traballo unha vez máis. Mari
Leo no enlace que deixaches que timo, da palabra grega que vén significaba corazón, alma, desexo, vida
… e hai veces que eu quixera ser pipo.
e esa noz dame que pensar:
todo o que facemos ten un significado
Con tino ou sen él, o mellor é que eseas mais aberto ás emocións.
Se o corazón non pide motivos para latir, sí parece que para as emocións nos temos que pedir un montón de razóns, permisos, quizás somos moi pouco xenerosos con nos mesmos, e non xq non queiramos, as veces nin sabemos! Se as palabras se pudren” , qué pasará coas emocións”?. Cando lin a palabra arrolar o que me veu a cabeza foi un bebé, sereno, tranquilo, a punto de dormirse. Que con eses arrolos te sintas así. Permitinme pasar x aquí, gracias