post

outra vez o tempo

Pilar Pallarés foi unha das mellores profesoras que tiven nunca. Non volvín falar con ela desde os tempos do BUP, pero sempre estiven atento ás novas que foron chegando da súa actividade literaria.

Estes días atopei un vídeo da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) no que Pilar recitaba o poema No resplandor das horas. A gravación está datada no 2009, case vinte anos despois de ter lido ese mesmo poema para a Fonoteca de El Correo Gallego. Escoitei as dúas gravacións, unha detrás da outra, e fun testemuña [unha vez máis] de como o paso do tempo vai deixando a súa impronta sutil e implacable.

Escoitar No resplandor das horas (1991)

Escoitar No resplandor das horas (2009)

Comments

  1. Avatar de Descoñecido Áptera says:

    Moito me gusta Pili Pallarés, Xosé! E as voces, que son a mesma pero tan distintas xa, tantos matices novos…
    Grazas.

  2. gusta, conmove e impresiona.

    GRAZAS.

  3. A voz noviña das palabras novas
    e a voz máis gastada. a dos silencios entre as palabras.

    pili pallarés non foi miña profe, somos dunha edade similar, ela xa recibía premios e recoñecementos e eu inda andaba probando a fumar canutos que me sentaban malísimo. Renunciando a futuros soñados.
    Nin sequera sentira falar dela, ata hai pouco.
    e agora… como me fura coa súa poesía dura, coma unha toupa cega, e chégame, chegame
    Algún consolo inxénuo ao final desta idade
    e simular que a vida ainda reserva rostos
    que ousaremos amar, ecos de algunhas vozes
    que do pasdo volten, e o sal doutras riveiras.

Deixar unha resposta