Á xente do Deza gústalle a música. E a cal non?, dirás ti. E levas razón. O que quero dicir é que por esas terras a xente vive a música cunha paixón que non teño visto noutros sitios. Non é arriscado supoñer que esa devoción pola música, que ademais ten un carácter extraordinariamente interxeracional, é a principal responsable da apabullante nómina de bandas de música, de agrupacións folclóricas e de corais que hai por toda a zona.
O sábado 28 de xaneiro debutou o Coro Vales Mahía. O evento tivo lugar no auditorio Manuel Dopazo, na Bandeira. Entre o numeroso público estaba Antonio, que compatibilizou con oficio as funcións de rendido espectador e de cámara. Grazas ao traballo de Antonio podo achegarche hoxe o documento en vídeo da velada.
Son sesenta minutiños de nada… [Si, pero ninguén é quen de botar contas do traballo e do sacrificio que hai detrás desa hora de actuación]
Para velo en YouTube, fai clic aquí.
Tamén en Dailymotion, para que non falte de nada. aquí
[E falando do YouTube, alucino co correo que me remiten unha vez rematado de subir este vídeo. Transcribo: Es posible que el contenido o la licencia de tu vídeo Coro Vales Mahía en concerto pertenezcan a GoDigital MG For a Third Party.]





Ese día estaba eu coa miña AARR (amiga da adolescencia recién recuperada) e da a casualidade que dous fillos dela tocaban ese día na Bandeira para a presentación dese coro!
[Fíxenlle chegar este video, espero que lle guste.]
Moi bo traballo, tanto no continente como no contido.
Longa vida ó Coro Vales…Ti si que Vales!!!
Pois outro día teredes que grabarnos aos de Silleda, para equilibrar…
Bueno, en serio, dá gusto ver o traballo desta xente e dá gusto ver o ben que o pasan.
Noraboas
Parabéns para o Coro de Bandeira.
Moita sorte!!!
Da gusto ver cantar a xente e que se divirtan. E un hobby e ao mesmo tempo un exercicio de memoria. Noraboa ao coro de Bandeira e ánimo para seguir adiante.