post

desenfoques

Remata agosto e xa se notan cambios en Cachóns.  Hai novas cores e a luz parece máis amable.

As imaxes que hoxe ofrezo están gravadas cunha EOS 60D, unha cámara de fotos que tamén ofrece a posibilidade de facer vídeo. Non ten enfoque automático, o que en condicións normais é un atranco para gravar con ela. A cambio, ofrece a posibilidade de xogar cos desenfoques…

Tamén en YouTube: aquí.

Comments

  1. Amables enfoques e desenfoques de Cachóns. Grazas. Bicos.
    Sempre un pracer!

  2. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Que bonita combinación de colores e luces. Non sei por onde empezar, gustoume todo. As siluetas humanas ca débil luz e que se perciben os seus movementos, a froita que cae e xoga cas sombras, os prendedores da roupa reflexados na auga… pero hai algo que me impactou de cheo e me fíxo emocionar, o efecto que se produce entre as ramas dos árboles, fíxome sentir que non fan falta moitas cousas para sentir sensacións novas e facer palpitar o corazón. Das cousas pequenas tamén se pode vivir. A través da cámara, por certo, moi boa, vemos movementos que a simple vista pasarían desapercibidos para a vista, e que producen efectos vistosos e relaxantes.
    Noraboa por, unha vez máis, un traballo digno dun profesional.
    Por certo, a música casa moi ben con estas emocións.
    Biquiños piloñenses.
    Mari de Piloño.

  3. para ver máis dunha vez:
    tantos detalliños nos que reparar…

    [lembro esa cámara. que lindas cousas sacas dela]

Deixar unha resposta