post

Onde está o Mari Cris?

Para empezar, Mari Cris é, neste caso, o nome dunha motora recentemente adquirida por Suso, un amigo. Mari Cris -por certo, pronto deixará de chamarse así para ser rebautizado como Marpau, segundo teño entendido- vive en Portosín, e a Portosín pertencen as imaxes coas que se editou o vídeo que che ofrezo para felicitarche, coa túa venia, o ano novo.

Por certo, agradézolle publicamente a Suso terme posto en bandexa a posibilidade de utilizar por primeira vez o novo Adobe Premiere Pro CS4, a última versión do meu programa de edición de vídeo favorito (de entre os poucos que coñezo, aclaro). Moi recomendable.

Para ver o vídeo, aquí.

Comments

  1. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Pois ala!neste caso Ano Novo -lancha nova.

    Un Bon Voyage baixo o Ceo azul e o inmenso Mar….pau.

  2. Avatar de Edelmiro Silveira edelmirosilveira says:

    Tardará moito o Edelmiro en subir ao Marpau?

Deixar unha resposta