O primeiro domingo de 2009 deparounos unha tarde bastante xeitosa para estirar as pernas por Cachóns adiante. Boa ocasión para coller uns grelos e dar unha volta pola devesa mentras se conta un conto. Boa ocasión tamén para admirarse de cousas que xa non parecen desta época; tal é o caso, por exemplo, do cableado que leva a electricidade a unha aldea veciña e que, para que non arrastase pola chan, o foron enrollando nas árbores.
Se queres ver o vídeo da excursión, vai aquí.





0stras!!!!! Non logro imaxinar os de La Mer enchendo frascos de Xiada po cutis.
Anque despois da baba de caracol (puajjjjjjjj ) xa só nos queda ver pa crer.
Grazas por todo o que amosas, é un pracer.
Dous vídeos de Falabarato nunha semana alegran o comezo deste novo ano. Beizón
Ummm… Que bo caldiño de grelos!
Seguro que liches ben en Internet? De ser así, co frío que vai por aquí estes días, moito imos rexuvenecer, (boísimo o comentario Anónimo).
Pobres pinos con eses colares, unha mágoa.
Tenrura e moito bo humor, a ritmo de blues. Que boas vacinas nos agasallas, Falabarato! Grazas.
se che gusta podes ver o meu blog
http://ximonde.blogspot.com/
Gustoume a simpatía de túa nai e a mostra do saber popular sobre a época de apañar vimbios.
A montaxe do vídeo é preciosa e se non te adicas profesionalmente a iso, ben o podes facer.
Buona notte amore mio Albano Carrisi