post

Pedagoxía lingüística

Esto que vou contar pasou hai uns aniños nunha aula dun centro de ensino secundario. A profesora de lingua castelá porfiaba  para que a rapazada se expresase oralmente en español na súa clase, pero o alumnado non lle facía caso e falaba galego. A escena repetíase un día si e outro tamén e os esforzos da docente para promover o uso oral da lingua castelá non daban froito.

Cales podían ser as razóns dese rexeitamento? Seguramente moitas, pero a profesora quedou de pedra cando un rapaz lle achegou unha coa que nunca contara:

–Verá, profesora, é que o castellano élle cousa de maricóns.

Comments

  1. Ai, os alumnosssss, teñen cada saída…
    Ter que porfiar para obrigar a falar unha lingua, éche mal asunto.

Deixar unha resposta