Hai uns meses pasei polo tanatorio de Silleda para acompañar a C., que estaba velando a súa nai. Había pouca xente a aquela hora e tivemos ocasión de conversar tranquilamente un anaquiño. Contoume C. que o falecemento de súa nai, xa moi maior, aconteceu despois dun breve período de enfermidade. “Miña nai morreu de vella”, resumiu con absoluta precisión.
Relatoume C. unha anécdota da defunta que me fixo cavilar moito. A señora estivo hospitalizada unha breve tempada pouco antes de morrer, e foi nese momento cando experimentou unha extraña transformación. Ela, que sempre falara unicamente galego, empezou a falar exclusivamente en castelán, e así continuou ata o día da súa morte. A familia asistía divertida a esa mudanza e ás veces preguntábanlle polas razóns do cambio. Ela contestáballes que se equivocaban, que toda a vida falara castelán. E punto. Nunca máis se moveu de aí.





Eu sempre me lio coas palabras,
e outro defecto que xa teño máis que asumido.
Leo, falecemento e logo, facelemento
leo e releo (deus que mal enfoco…)
Moitos saúdos.
Grazas, Wordsmar. Xa corrixín. Bicos!
Unha historia ben curiosa. Sobre todo se C. afirma que a súa nai nunca falara castelán. É sorprendente! O complexo sitema da nosa mente e os mecanismos caprichosos que chega a desarrollar.
Unha aperta.
PD: É lei de vida ter que irse algún día; conseguir chegar a vella con saúde e despedirse sen sufrir, éche unha sorte.
Cheguei a este post rebotada dende calquera sitio de wordpress buscando cousas de Silleda -porque nese concello nacín eu- e ainda que o tanatorio de Silleda é só o escenario, a anécdota resultoume curiosa (e ate divertida). E que miña nai, uns anos antes de morrer, cando se puxo enferma, esqueceu totalmente a meu pai. Preguntábaslle por él e dicia ¿e quén é ese? E non houbo maneira de que recoñecera que estivera casada, non, ela era solteira (mais non lle estrañaba nada o feito de ter fillas arredor!). Outro cambio que dou -ela era das beatas- e que non volveu a falar de cristos nin de rosarios, e cando lle puñiamos a misa na tele (para que se entretivese) dicia “apajade aí oh que non sei que parvadas di ese home”. A verdade e que nos fartabamos a rir con ela.
Un saúdo.