post

Patacas novas

Ao home metéuselle nos miolos mercar unha videocámara nova e fíxose cunha desas que almacenan en tarxeta SD. Vina e non me pareceu unha gran compra, a verdade, pero iso non fai ao caso.

El xa tiña unha cámara MiniDV -de cinta- e apalabroulla á muller que lle fai a limpeza. Nunca editara vídeo e non sabía que para volcar o contido da cinta ao ordenador é preciso habilitar unha conexión firewire e dispor do cable correspondente. Como é home decidido, foi a unha tenda e adquiriu un cable firewire. É aí cando entro eu na xogada:

-Tráioche este cable porque non sei onde se mete.

-Vale… Este é un cable 1394 e enchúfase nesta ranura da cámara.

-O que pasa é que o ordenador non ten un sitio onde metelo.

-Xa… Pois iso vai significar gastar uns cartiños e mercar unha peza.

-Non, ho! O cable xa me valeu 17 euros!

-Barato non foi! Así, entre unhas cousas e outras, vaise encarecer moito o prezo da cámara…

-Bueno, o cable non pensaba cobrarllo.

-E logo?

-Quedei con ela en cambiarllo por un saco de patacas, para cando as apañe.

Comments

  1. E di que non pensaba cobrarllo???
    Algunha xente que listiña é…
    Un saúdo.

  2. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Dis mal, él di:-O que pasa é que o “ordinador” non ten un sitio onde metelo.

  3. si home sí! hai que ser práctico!
    🙂

Deixar unha resposta