É o primeiro vídeo que subo en alta definición. Iso pode eivar un pouco a velocidade de descarga, o que se evita anulando a calidade HD (premer botón HD is ON).
Tamén en YouTube. Podes probar a velo en HD. Pincha aquí.
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]

É o primeiro vídeo que subo en alta definición. Iso pode eivar un pouco a velocidade de descarga, o que se evita anulando a calidade HD (premer botón HD is ON).
Tamén en YouTube. Podes probar a velo en HD. Pincha aquí.

| Mónica en Pasando do Facebook | |
| paideleo en uxío escribe sobre as terras d… | |
| bristolmania en xeografías [decembro 2018] | |
| Anónimo en habaneras | |
| Anónimo en once corais en Ribadumia | |
| marsanpilo en un canto en moaña, hei! | |
| marsanpilo en avilés | |
| marsanpilo en La questione della lingua | |
| zeltia en menú | |
| zeltia en noite de ensaio |

Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
Ola: hai uns anos asistín a unhas clases de relaxación nas que trataban problemiñas de insomnio, estres, ansiedades, etc. Tamén o tema
“A reparación dos pesadelos”. E ahí vai (moi resumido)un pequeno e posible remedio da doutora: Traballemos a imaxinación que é de balde e demoslle máis…
-Cando espertaches o primeiro é calmarse, poñerse comodo e cerrar os ollos. Volves visualizar a casa,e todo ese paraíso que xa coñeces, Tes que conseguir poñer alí a quen desexes, e seguir soñando, non teñas reparos… Todo é un soño pero desta volta vas a disfrutalo!! vale?? e todo grazas a ti…
Unha cálida aperta.
Fermosos cabaliños(os tres)
Haberá que poñer en práctica esa receita… e agardar que non sexa peor o remedio ca a enfermidade 🙂
Dícheste conta que che faltaba Eva …
“¿Qué es la vida? Un frenesí.
¿Qué es la vida? Una ilusión,
una sombra, una ficción,
y el mayor bien es pequeño:
que toda la vida es sueño,
y los sueños, sueños son.”
P.Calderón de la Barca. La vida es sueño.
Fermosas imaxes as do vídeo. Os soños, Falabarato, soños son…
Os meus soños adoitan ser historias, películas coma as de bigas luna.
Pasoume vendo este vídeo teu o que últimamente ás veces me sorprendo sentindo: coma un empacho de verde, o verde envólveme coma un pesadelo no mundo onde o verde avanza e me converte en verde. Porén a paisaxe onde o verde non está aprétame o corazón. Non sei, isto de ser tan neurótica é moi complicado.
Non o vin en HD porque o meu ordenador é unha pataca. Lástima, esas imaxes tan preciosas. (Malia o que digo do verde, pese a que simbolice a morte -mais a esperanza- o verde non é a cor dos meus ollos, máis é a cor pola que os meus ollos ven.