Nuns sitios chámanlles cacharelas, noutros dinlles luminarias e para nós son cabras vellas. Fogueiras da noite de San Xoán. Que ardan con xenio e que non deixen de arder, que hai moito que queimar!
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]

Nuns sitios chámanlles cacharelas, noutros dinlles luminarias e para nós son cabras vellas. Fogueiras da noite de San Xoán. Que ardan con xenio e que non deixen de arder, que hai moito que queimar!

| Mónica en Pasando do Facebook | |
| paideleo en uxío escribe sobre as terras d… | |
| bristolmania en xeografías [decembro 2018] | |
| Anónimo en habaneras | |
| Anónimo en once corais en Ribadumia | |
| marsanpilo en un canto en moaña, hei! | |
| marsanpilo en avilés | |
| marsanpilo en La questione della lingua | |
| zeltia en menú | |
| zeltia en noite de ensaio |

Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
…y estamos tan agustiitooo….!!!
Era así como cantaba o dono de Hirbabuena. E, é así como vos facedes sentir “aghustiño” conseguindo de novo unha vez máis avivar a total admiración,e facendo que sexa tan natural algo sinxelamente perfecto :)))
Unha segunda parte non tería desperdicio…para ver como quítala bata e queimas -rijón-
(Falo de saltala cabravella…;)
Moitos bicos.
Vaia sorpresiña nos tiñas aí gardada da noite de San Xoán. Sodes tremendos, auténticos! E ti, apareces ataviado como maestro de ceremonias, digo de esconxuros (ou é que ía frío?), haha!
Bo humor, así me gusta.
Un aplauso para dona Esther por me lembrar unha palabra tan bonita como “cambra” que eu teño oído tanto e tanto alá pola Ponte Ledesma nos anos da miña infancia.Ela si que sabe. A ruda si que xa a teño máis recente, panacea universal de tódolos males para a miña nai, que tanto vale para un roto como para un descosido. Ela foi, tamén na miña casa, un ingrediente máis da auga de san Xoán para quitar o meigallo. Felicidades por este anaco do beatus ille….a grandeza da sinxeleza.
Curioso nome o de cabra vella !.