Unha amiga precisaba unha cámara de fotos e mercou a Canon IXUS 130, un dispositivo compacto con moi boas especificacións, entre elas vídeo en HD, así que aproveitei a ocasión para probala en Ponte Taboada (Silleda).
Hai que recoñecer que a máquina se portou con solvencia, aínda que as condicións de luminosidade eran xa precarias. Quédame a dúbida de saber canto melloraría o resultado se traballaramos sobre trípode, porque a cámara é tan pequena e lixeira (133 g de peso, segundo o fabricante) que me resulta un pouco nervosa, sobre todo á hora de facer paneos. Non esquezamos que é unha cámara de fotos, non de vídeo.





engaiólanme as pontiñas…
e quen me dera a mín unha cámara de fotos que se puidese facer películas de tan boa calidade!
Esta finde tiven moitos momentos para querer apreixar, e recollín só churros borrosos!
-bueno, tiven que ir mirar qué era un “paneo”, ainda que puxeches o enlace, non me quedaba claro e fun buscar máis, ate que vin un en youtube-
Costa creer que ese video estea feito cunha cámara de fotos que colle na palma da man. Estívena vendo onte nun comercio e alucinaba pensando que unha cousiña así pode dar esa calidade.
¿Podes aclarar se usaches algún “truco” á hora de editar as imaxes ou é a calidade da cámara?
Saúdos.
Confírmolle ao/á Silledense que as imaxes que saen no vídeo son as que dá a cámara. O único que fixen no proceso de edición foi mesturar un pouco todo e darlle o ritmo que nese momento me pareceu máis axeitado.
Eu tamén quedei máis que gratamente sorprendido coa calidade do aparatiño. Ademais, os arquivos entrégaos nun formato MOV que é moi compatible cos programas de edición que coñezo, circunstancia que non sempre se dá…