post

Gay-Boyss


Confeso que o primeiro que fixen cando vin esta foto foi guguelear para saber máis desta xente. Tecleei gay-boyss e apareceron 49.500.000 entradas. Moito choio, así que acotei a procura dixitando gay-boyss ferrol. Google devolveume 6.320 resultados. Indaguei aquí e alá e non dei con ningunha pista que me levara ao grupo musical en cuestión. Si que atopei outras cousas, por suposto, como o making off do calendario dos bombeiros de Ferrol ou unha guía gay da Coruña…

A  falta, xa que logo, de referencias externas, só nos queda unha foto. O que hai é o que vemos, e o que vemos é un grupo de seis nachos de Ferrolterra no preciso instante no que están ingresando na posteridade. Xa nunca poderemos saber se suben ou se baixan esas escaleiras que lles valen de escenario. Non poderemos aclarar se a súa rixidez é o produto da tensión do momento ou dun estilismo extremadamente severo, e tampouco saberemos cara onde dirixen as miradas  nin a razón última desa xeralizada expresión de tristeza.

Alguén sabe que foi dos Gay-Boyss?

PS/ Grazas pola foto, Mer!

Comments

  1. Igual chamando ó Luar … non pasarían por alí ;)!?

  2. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Boísimo comentario, Falabarato. E recoñezo (xa que ti tes o valor de confesalo) que eu fixen o mesmo: meterme no google e buscar, máis ou menos cos mesmos resultados ca ti. Agora non atopo acougo e sinto unha especial fascinación por este grupo, imaxino como serían as súas voces, que tipo de música farían…Tamén medito sobre o nome. Non me cadra moito, vendo eses homes que tan ben definiches, a primeira acepción da palabra gay, “alegre, ledo”. E ese “s” segundo en boyss, tan suxerente, tan sensual…Total, un inquietante misterio.

  3. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    A primeira vista podían durar eternamente xq parecen papel-cartón moi ben recortadiño.Eu vexos perdidos e claro, acartonados!

  4. Avatar de xdafonte xdafonte says:

    Última hora:
    Alguén con máis paciencia e/ou máis maña ca min atopou na rede unha referencia desta foto que a sitúa exactamente no ano 1969.

  5. eu fun un dos últimos compoñentes deste grupo que aprox.no 87 pasou as chamarse oasis ,o anterior nome tomaronno da traducción chicos alegres e chegamos a ser oito compoñentes ,un dos fundadores o saxofonista Burgos ex dos players morreu non ai moito e o resto o de abaixo da foto Gildo lema a rondalla de Ares e o do lado Juanito leva a rondalla Añoranzas de Ferrol,o resto unhos xa morreron e outros vivimos en Ferrol

Deixar unha resposta