-Tesme que desculpar, pero hoxe levo algo de retraso. Espera un momentiño na sala, vale?
Ao entrar na sala vin que había un tipo deitado no piso, un mozo ao que só lle vía medio corpo, porque a parte superior do tronco e a cabeza quedaban fóra do meu alcance. Se fose a sala de espera do dentista ou a do notario andaría eu coa mosca detrás da orella vendo aquelo, pero no lugar onde estaba esa tarde de xullo circula -por dicilo dalgún xeito- outra enerxía… Será por iso que non me resultou estraño ver que un home ataviado con calzado de sendeirismo e cunha camiseta de once varas estivese atravesado no chan. Fixen as miñas conxecturas e supuxen que estaría preparándose, concentrándose, meditando…
Viñéronme buscar e pasei ao cuarto de costume.
-Perdoa polo desorde da sala de espera, pero é que temos o fontaneiro arranxando o desaugue da cociña…
Daquela conteille todo o que me pasara pola cabeza e escachamos a rir. Ao rematar a sesión volvín cadrar co fontaneiro no corredor. Xa non quedaba nada daquel mozo de aires grunge que eu imaxinara en pleno trance unha hora antes. Agora estaba diante un home de máis de cincuenta anos vestido con roupa de traballo e cunha caixa de ferramentas na man: un fontaneiro.





Como as cousas insólitas son cada día “do mais normal”… elucubramos co significado das “cousas normais”
Excelente resumo, dornelense Zeltia
Pois se o chega a sorprender unha fuga de auga ,non sei eu o que chegarías a conxeturar, e dame a risa de só pensalo…..que se lle vai facer é cousa da imaxinación.
Un cariño.
Eu estaba predisposto a ver que alí se cocía algo espiritual, así que construín un fermoso castelo de naipes que se derrubou dun plumazo.
Como reza a sabedoría popular: “Ás veces, as aparencias enganan…”