Creo que hai arredor de tres anos que non ía ver os pendellos de Agolada. Quixen volver.
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]

Creo que hai arredor de tres anos que non ía ver os pendellos de Agolada. Quixen volver.

| Mónica en Pasando do Facebook | |
| paideleo en uxío escribe sobre as terras d… | |
| bristolmania en xeografías [decembro 2018] | |
| Anónimo en habaneras | |
| Anónimo en once corais en Ribadumia | |
| marsanpilo en un canto en moaña, hei! | |
| marsanpilo en avilés | |
| marsanpilo en La questione della lingua | |
| zeltia en menú | |
| zeltia en noite de ensaio |

Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
Xenial o vídeo, gústanme os enfoques, as tomas que fixeches. Grazas.
Pronto se celebrará a XIII Mostra de Artesanía en Agolada. Aproveitaremos a ocasión para facer unha visita. Neses días, o espazo dos pendellos cobra vida e mesmo parece que viaxas ao pasado.
Un paseo polos pendellos nas ondas da música e da man polo ollo da túa cámara.
Tiven noticia destes pendellos no blog de M. Busto hai xa algún tempo. O seu entusiasmo (e o dos amigos dos pendellos) metéronme a gana de ir coñecelos. Dende entón xa houbo restauración, etc. e eu ainda non fun.
Imperdoable.
Temos tantas marabillas á beira da casa…
(Moito me gustaron algunhas das tomas!)
Paga a pena ir ata Agolada e ver os pendellos. Seguro que se lle dades un toque a Manolo Busto (aquamlatam.blogspot.com) vos pode facer de guía e todo. O seu compromiso coa terra que o criou -como el di- é inquebrantable.
Si, un viaxe o pasado…un soñar cos ollos abertos…
-Como diría Perales:”Intangible y profundo”
Bico.
Un vídeo fermoso, relaxante e orixinal. Un pensa nos pendellos e non ten a sensación de que lle falte nada por ver…ata que nos chegan estas imaxes e descubrimos a beleza que esconde ese conxunto impresionante, esa fermosura que contrasta coa etimoloxía do seu nome, derivado de pectiniculus, un diminutivo que se podería traducir por “os peliños do cú o da pube”, unha parte coma outra calquera do corpo pero que por isto tan socorrido da tradición e da cultura, non goza de moi boa prensa. Aí é nada.
Unha pequena aclaración: pronto se celebrará a XIV Mostra de Artesanía en Agolada (non a XIII como dixera no meu anterior comentario (que non se entere Manolo Busto!;))
Unha aperta dezá.
Pois eu igual me animo a ir un dia dos da mostra, porque esa semana estou de vacacións.
Claro que non vou molestar a Manolo Busto, porque para pedirlle que faga un pouco de guía e fale da historia, mellor un día que a él lle veña ben, e non un dia dos do mogollón…
A verdade é que por un lado tírame ver os pendellos cheos de vida,
e por outro tírame disfrutar dunha visita tranquila e pousada, onde as voces do seu pasado besbellen entre as pedras…