Hoxe visitei a Suso [eticolmeiro] e acudiu á nosa conversa unha canción de El Fary, Amor Secreto, que leva ao límite a eterna cuestión desa caste de amores que, pola razón -ou sinrazón- que sexa, nunca se concretan e que quedarán, polo tanto, no limbo das cousas que non poden ser.
Esta cancionciña tan rotunda doume unha idea… A ver como a acolledes. Tan só se trata de designar a algún/algunha comentarista habitual deste blogue para encomendarlle a tarefa de falar sobre este asunto dos amores secretos. Xa acordaremos, chegado o momento, o formato que lle damos, que espero poida ser en vídeo, claro. Estou seguro de que todos e todas temos cousas que dicir sobre esta cuestión.
Por certo, non esquezades que El Fary es Dios.
O primeiro, a canción:
Agora, a enquisa:





¿????? Xa podes ir correndo, xa… e de paso vai rezando, pa que non te pille !!!!!!
Comprobei con moitísimo gusto que xa temos unha flamante e xusta gañadora. Pecha a urna, anda.
Aínda che duran, non ?? 🙂
Non me sea trampullán, fai un chisquiño era Aura ….
Tongoooooooooo!!!!!!!! eu non xogo 😦
Hai persoas que non aman por medo e outras porque pensan que non o merecen.
Quizais “L” leve razón…
Parece que os comentaristas de Falabarato, de pronto, se aficionaron ó abecedario;) jajajaaaa!
Ss xa votou.
Sss opina que, independientemente da participación do-a ganador-a, Esther de Cachóns seguramente ten algunha interesante historia que contarnos; todos-as sabemos que a túa nai é unha excelente narradora!!! Poderían falar maáis de un-unha…
Bueno eu non sei se un pouco tarde pero xa votei tamen. O video non o podo ver, q estou pasando o finde fora e escribo dende o mobil q ten unha conexion a interne de xoguete e isto non turra (e coa curriosidade q teño a ver logho q di o fari tan interesante)
A votación conclúe hoxe (31 de agosto, día de San Ramón) ás 10 da noite.
Moitas grazas por participar. Non merezo ter xente tan atenta coma vós.
Démonos présa, antes de que peches esta urna virtual!
Si que o mereces!
Por apego, o meu voto vai para Zeltia.
(case non chego, pero cheguei.
Xa vedes que a votación foi tan axustada que acabou en empate entre H e Esther. Agora tócame poñerme en contacto con estas persoas para decidir que facemos. A miña intención é contar con ambas.
Moitas grazas a todos/as pola participación.