O veterano profesor de filosofía móvese con bastante máis soltura da que pode esperarse de quen camiña coa axuda de dous bastóns. É un gran orador, deses que se manexan ben en calquera rexistro, e cando fala move os bastóns coma se fosen aspas.
… … … … … …
Chegou a hora do descanso e os asistentes vanse achegando ás mesas redondas repletas de xerras de café e de boliños. Falan, beben, comen, rin. Mesmo hai quen se atreve a botarlle un pitilliño. O profesor de filosofía está no centro da escea, coma de costume, cando lle formulan a pregunta do millón:
-¿Por qué te hiciste filósofo? Supongo que tenías vocación desde pequeño, ¿no?
[O profesor sempre atopa resposta para todo]
-Verás, eu de pequeno quería estudar ciencias. De feito, tiña intención de matricularme no bacharelato de ciencias. Cando cheguei ao instituto vin que había dúas filas, a de letras e a de ciencias, e coloqueime na de ciencias agardando a miña vez. Alí estaba eu, cos meus bastóns e a miña carpeta chea de papeis, cando vin vir cara min un conserxe, un daqueles conserxes autoritarios que había antes. O home encaroume e preguntoume que facía eu na fila de ciencias. Nin me deixou falar. Empezou a gritarme que unha persoa coa miña minusvalía non podía entrar nun laboratorio, que á primeira que collese un mecheiro Bunsen prendíalle lume a todo e armaba a de deus. “Póñaseme na fila de letras, home!”, remachou de moi malos modos. Eu era un rapaz e aqueles eran outros tempos, así que fixen caso e matriculeime de letras. Dese xeito naceu a miña vocación de adicarme á filosofía.





Non sei eu que opinión terán os venerables e veteranos profesores de filosofía, sobre o dictado do destino. Pero ó teu protagonista parece que non lle foi tan mal o cambio de rumbo…
Quen sabe, quizais o conserxe non era tan malo -era peor- pode ser que só fose unha peza retorcida, pero que encaixou perfectamente no puzle da súa vida e que o levou a converterse nun gran profesional….
Polo que contas eso parece.
Unha aperta.
Menos mal que non llo dixo ao Stephen Hawking!!
Unha boa historia para a reflexión.
Noraboa polo blog.
“Os estranos caminos do pracer”, poderíase titular este contiño.