post

meme

Teño un encargo de acedre para cubrir un cuestionario [un meme] que rula e rula de web en web.

As preguntas son:

Canto tempo levas como blogueiro?
Como te enteraches da existencia dos blogues?
Cinco blogues que sigo diariamente ou con moita frecuencia.
Es lector anónimo dalgún blogo?
Algúns autores que che acorden especial simpatía.
Con que cinco blogueiros irías de esmorga?
Con que blogueira pasarías unha noite de loucura sexual?
Namorácheste algunha vez dalgunha blogueira?
Estás satisfeito co teu blogo?

Pois aí vou.

Rexistrei o meu primeiro blogue no ano 2005 e chameille dalledalle para honrar unha delicada copliña popular [a muller do coxo / tén o conto roxo. / dalle, dalle, coxo, / non lle teñas noxo]. Unha das primeiras imaxes que publiquei naquel blogue é esta que poño hoxe, na que estou con meu pai. É unha foto que me encanta, por iso aproveito para ensinala sempre que teño ocasión.

Non lembro como souben da existencia dos blogues, pero supoño que sería ao velos na rede, digo eu. Son lector anónimo de case todos os blogues polos que paso, que tampouco son moitos. Hai algúns que reviso con máis frecuencia, pero permitirédesme que non cite a  ninguén en particular. Hai blogueiros e blogueiras cos que simpatizo, claro, pero non me imaxino metido nunha festa de bloggers, nin nunha kedada, nin en nada semellante. Cuestión de carácter, simplemente.

Pregúntame o Acedre -e xa lle vale- que con que blogueira pasaría unha noite tola.  Home, se se trata de pasar unha noite tola-tola-tola podería tantear a esta candidata.  De momento non estou namorado dela [tempo ao tempo] e o certo é que dubido moito da posibilidade de namorarme de alguén só polo seu blogue. Ata agora non me pasou, desde logo.

Estou satisfeito co meu blogue? Pois si. Xa contei un cento de veces que a primeiros de ano estiven a piques de pechalo [case non publicaba nada] e foi entón cando sentín a necesidade de reactivalo. Desde aquela actualízoo con certa regularidade e vou comprobando que arredor del se move un grupiño de visitantes que me fan sentir arrolado. Non podo pedir máis.

Comments

  1. Xa vexo que todos -ou case todos- temos “un pasado” blogueiro!
    🙂
    co antiguo alcume de paideleo lembráchesme aquél seu antiguo blog: realmente isto é unha rede!

    A foto de teu pai contigo (non é de ti con teu pai, perdoa) 😀 non me extraña que che guste, véselle tan fachendoso de tí. Despois na vida adulta xa custa que alguén estea orgulloso de nós, só por ser nós, sen outro mérito! jajaja
    [Xa non podo dicir o mesmo da elexida para a túa “tola” noite de sexo, claro que se estás tolo…]
    😀

    Bueno, pois traballo feito, unha ansia a un lado que dicia miña nai. E ben contestado, non coma outrassssssssss 🙂 (claro que cada co seu blog fai o que quere)

  2. bfffff puxen mal o enlace, grrr. bueno, mellor.

  3. OOOleeeee!! pero que caladiño o tiñas, quen no lo ía decir… vaia non serei eu que poña pegas …
    Cando ti pensas nela algo ten que ter.
    Levo tempo sin saber das andanzas da Esteban (dificil, si) e non me apetece nadiña fedellar no seu blogue por máis glamuroso que sexa.
    Supoño que seguirá a ser a princesa do pobo, pero eu pensei que non che gustaban as coroas…
    Sonche ben interesantes estes enredos. Parabéns.

    O meniño da foto ,(outro cantar) é máis bonitiño ca un sol, arrolalo é un pracer !!!!!!!!!!

  4. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Unha foto (que eu lembraba) ben bonita e curiosa.
    Por que non aparece a nai e só vestixios dela? Esa fermosa perna de moza galana, esa man acariñante…
    Que levou ao fotógrafo a aplicar un zoom da época e obviar a súa presenza? Quizais ela xa era prota de algunha outra foto (lembro outra do Dalledalle na que aparece contigo ela soa e te ten en pé sobre unha mesa…o mesmo día, quen sabe…).

  5. Coa emoción de escribir ao Falabarato, fixen un anónimo sen querelo. Sirvan estas palabriñas (Yolanda Castaño dixit) para asinar o comentario anterior.

  6. Avatar de xdafonte xdafonte says:

    Moi boa memoria tén Merchi, que lembra unha foto que tiña no vello blogue na que saía miña nai termando de min. Era esta

  7. Avatar de Harmonía Harmonía says:

    Unha boa ocasión para recordar e ensinarnos de novo estas dúas fotos da infancia, as dúas son ben bonitas!! Uns aniños pasaron, mais non parece que cambiaras tanto.

    [Sorte coa Esteban!, pero non vaias tolear demasiado:-)]

  8. Moi chula a foto, sí, e que nariz mais ben feita tiña o teu pai! Espero que tiveras a sorte de heredala.

  9. Pois si, Susana, o Falabarato tivo a sorte de herdalo. Dou fe de que ten un fermoso nariz.

Deixar unha resposta