post

fe de vida

un día nos veremos / al otro lado de la sombra del sueño

(josé ángel valente)

un día calquera, pode que un día no que te aburras coma unha ostra, pode que un día no que sintas que a soedade te esmaga, ou a dor, ou unha resaca do quince, ou…

o caso é que un día calquera -ese día calquera- ha acontecer que alguén que anda a remexer entre os seus papeis [ou entre unhas potas na alacena] atopará por azar un pelo inequivocamente teu.

Comments

  1. e as emocións que pode traer consigo ese pelo!

    Para que un pelo produza unha sensación, ten que haber unha historia que precede a ese pelo…

    ainda que, pensandoo mellor, hai moito tema arredor dos pelos!
    hai pelos tópicos, (coma o longo, loiro, que quedou despistado prendido do hombreiro da americana)
    hainos románticos e fetichistas (coma o mechón de pelos gardado)
    hainos decisivos (uuuuyyyyyyyyy por un pelo!)
    hainos acusatorios (como o deixado na escena do crimen)
    e vou parar, que terei que traballar un pouco [o tempo do café xa pasou]

    non quería facer un coment tan superficial, pero saiu así

  2. Avatar de Descoñecido A Contramuleta says:

    Vese que segue vostede o Espírito Leguineche 🙂

  3. Sine-die :
    Camiñando, camiñando
    non sei onde
    só na escuridade
    esperando, esperando.

    Hoxe erguémonos un pouco Poetas!!
    hai que alegrar o ánimo! “Ata romper co ceo”.

    E, co pelo podemos facer dúas cousas:
    [Como xa sabes de quen é, non hai que averiguar ADNs
    que son procesos moi laborosos]
    1.Ou ben vas onda un druída menciñeiro, a ver que pode facer con el, sempre algo bo; claro.
    2.Ou tiras de aspiradora … asegúroche que non
    volve máis.
    E agora, despois de tanto cavilar no dichoso pelo, non me veñas decir que era un cachiño dun poema, ou unha metáfora..:))
    Un abrazo.

  4. Avatar de silledense silledense says:

    Eu que me comovo por tudo e por nada

  5. Unha vez había un? que tiña unha muller (morena) moi moiii celosa. Sempre estaba intentando sacar punta de todo fixándose en cada detalle.
    Un día ó seu home non se lle ocorreu mellor cousa que pedir prestado un pelo largo e loiro e estiralo no respaldo do asiento do coche.
    Como supoñerás, cando a súa señora, que miraba todo con lupa, veu tal cousa menuda se armou, porque agora encima xa tiña probas…

    Por un pelo!!!!

  6. gústanme os versos dos que partes.
    cantas cousas pasan por azar!
    ou non.
    …existe o azar?
    unha apertiña, a propósito.

  7. Cando os homes podían ter varias mulleres, houbo un de mediana idade que casara con dúas: unha moza e outra xa vella. As dúas querían que fora coma elas.Como os seus cabelos xa branqueaban, a moza, mentres simulaba peitealo, íalle arrincando canta cana saía para que non parecera tan vello; a vella, porén, estaba encantada coas canas e a noite que pasaba con el, co pretexto de aloumiñalo, arrincaba canto pelo negro vía.
    O desenlace non dá lugar a dúbida: non moito tempo despois, o vello quedou coa cabeza desprovista de todo pelo, branco ou negro.
    A fábula de Fedro remata dicindo que é complicado agradar a todos. Quizais o Falabarato sexa dos poucos que o conseguen, aínda que apareza un pelo, como hoxe, ou sen pelo.
    Parabéns polo fermoso texto.

    • Pois ao fío do que di vostede, Mer, escoitei eu dicir aos vellos do lugar, que o que queda ben con todos queda mal consigo mesmo.
      Así que, non lle sei eu se iso que vostede apunta será tan bo…

Deixar unha resposta