Non tería eu máis de dez anos cando actuou Ana Kiro nas festas da Santa Eufemia, en Oza. Lembro que andaba con outros nenos polo campo do baile e que nos chamou un vello da parroquia para que foramos debaixo do palco no que Ana [María Dolores] cantaba e bailaba. Xa alí, o home sinalou coa punta do paraugas as rendixas das táboas mentras nos convidaba, cunha picardía que hoxe me parece máis que inocente, a atisbar dese xeito as interioridades da artista. Non vimos nada, claro, pero vivimos intensamente o momento.
Hoxe entereime do falecemento de Ana Kiro, xusto un día despois de que xa estea soterrada. A morte sae á rúa todos os días, puntual.





Eu tamén me enterei hoxe e a verdade é que me parece que se perde unha figura histórica da música folflórica galega, por máis que eu nunca fose unha rendida admiradora das súas cancións.
Compároa con Lola Flores, ela era a Galicia o que Lola era a España, a folklórica galega por excelencia, tanto polos moitos anos de dedicación e traballo, como por aquelo de “xenio e figura…” (sen desmerecer noutros ámbitos de traballo que tocou, como presentadora e actriz)
E que Ana Kiro é (porque o sigue sendo) un icono dunha determinada galicia.
Conste que eu case a cheguei a odiar, porque a súa música non era das miñas preferidas, pero non era por iso, e que verás,
tiña eu un veciño que só debía ter un disco, e ese disco era de Ana Kiro. Todas as tardes o poñía a todo volumen, dia tras dia, tras día. Sacaba o aparello da música, e veña a toda pastilla!, parecía que tiñamos verbena todos os días da semana. Eu víao a él que bailaba e bailaba (co gato nos brazos).
Non pretendo ser irreverente, para nada; cóntoche a anécdota, pero de feito afectoume sentir da súa morte
Como é posible, no mundo que vivimos, television, radio, internet, rollo social, veciños, familia…non se ter enteirado de que morreu un personaxe tan público???? Se só abrir o internés eu creo que xa saía a morte de Kiro!!!!
A telegaita adicoulle practicamente todo o día.
Sres. blogueiros: onde andaban metidos?
Descanse en paz Ana.
Atónico quedoume eu de darlle tanta importancia.
Para que logo digan:” homes e homiños todos igualiños….?” mira ti, pillabán de que te vas a acordar, e eso que xa choveu…. carai se choveu ;))
Un forte aplauso para Aniña que estará no ceo facéndolle a festa aos nosos santiños.