padrón :: unha tasca de padrón :: un camareiro desganado detrás da barra dunha tasca de padrón
e unha tele que berra a toda hostia [e iso que aínda non se inventou telecinco nin existe belén esteban -esa musa, ai!]
un fato de mozos na tasca de padrón diante dunhas cañas :: queren máis, sempre máis, e miran con cobiza a empanada do mostrador
interrogan ao camareiro desganado :: oes, de que é a empanada
-pois… a ver… levaaaaa… leva cebola… e… chhhh… bueno, xa sabedes como son as mulleres…





Ha ha ha! É que as mulleres somos o demo, va que si? Que xente hai polo mundo, así e todo…
E máis de un tería que probar a empanada….
pero, se é doado…as mulleres::
S-O-R-P-R-E-N-D-E-N-T-E-S!!!!
Un bico.
que pouco tacto o dese camarero…
Eu non o entendín. Se alguién mo poidera explicar, agradeciao.
Concordo con H, TOTALMENTE.
A resposta do camareiro, ben “á galega”. Todo un filósofo! Hahaha! Menuda empanada tiñan os de Padrón daquela, mi madriña!!;)
Apertiñas.
Que sensibilidade amosou o taberneiro! que coñecemento da psicoloxia feminina!JJajaja [admiro esa capacidade d adaptacion (quen precisa entender?. eu prendo o ordenador todos os dias e tampouco sei o por que das cousas q fai, e levamola ben)]