A alcaldesa [agora ex] de Silleda estaba de visita nun centro de ensino da localidade. A directora convidouna a facer un percorrido polo centro, aproveitando que era pola tarde e que as dependencias estaban case baleiras. Dixen case baleiras, mais non completamente baleiras, porque a esa hora había un grupo de persoas adultas que estaban dando clase nunha das aulas de informática. Alí chegaron a directora e a alcaldesa, cruzaron os saúdos de rigor e charlaron distendidamente cos presentes. A directora bromeou e dixo que aproveitasen a ocasión de ter diante a primeira edil para pedir o que necesitasen. Entón apareceu EL -sempre EL- e dixo:
-Pois eu quero unha dentadura nova para a muller!
Cando rematou a visita, achegueime ao pedichón e pregunteille como se lle ocurrira formular tan insólita demanda. Respondeu con absoluta naturalidade:
-Home, fanlle boa falta!





Por pedir que non sexa…se cae, cae. Cantos hai!
Que eu sepa, a ex-alcaldesa de Silleda non está especializada en temas de saúde bucodental. Dígalle ao señor ese que volva pedirllos dentes á actual rexidora, que ten entre os seus achegados a un edil experto en temas sanitarios, aínda que máis ben relacionados coa cabaña vacuna.
Pois claro!! foi unha petición boísima, acorde co que nos obsequiaban os políticos fai uns anos:
-enchentas e máis enchentas- E así por unha vez farían un eslogan veraz ” Masticar-tragar e votar”
-EL- tan boiño só quería ca súa muller disfrutase con soltura…. e por pedir que non quedase. Po caso non se regalan: viaxes. traxes, pisos, coches,etc, etc,….
Xao dicía a Pantoja:” dientes, dientes…..”
[que por certo que ben canta o:
“Hazme tuya una vez más, amor”, a condenada!!!!
Non sería compañeiro de clase da do coello!
😀
Tes uns alumnos/as ben ocurrentes!!
Queremos máis anécdotas, seguro que tes máissssssss…….
EL terá as súas boas razóns.
…este é o caso (real) dunha veciña que a pouco estivo de morrer axfisiada pola súa propia dentadura. A cousa non foi de broma, que a boa da muller resultou seriamente danada tras morderse a sí mesma producindose feridas de consideración. Todo aconteceu cando unha destas pasadas noites se sinteu indisposta e foi ó baño con nauseas e vómitos, tan intensos que lle provocaron o desprendemento da dentadura postiza e os posteriores danos que relatei ó principio. “Pensei de morrer”, comentou xa pasados uns días.