Esta é unha foto do edificio da Xunta de Galicia que me mandou a miña amiga Merchi, grecolatinista de oficio, vivaracha de condición e santiaguesa del alma [que non é o mesmo que STV].
Por esas salas e por eses corredores por onde deambulan Feijóo e Jesús Vázquez andivo noutro tempo o Falabarato, que alí foi onde estudou o BUP e o COU. E non digo máis, que despois sábese todo.






“anormales” xa non se emprega. Distróficos creo que é o que se di agora…
…???…!!!
Hai que ver que presumido nos saíu este Falabarato!
(Tamén lle puideches cortar ese encabezamento, a fotografía sería outra cousa…)
Retranca ao cadrado, tomarémolo así logo…
Efectivamente, Susana. Ese encabezado non sería políticamente correcto hoxendía. Esa foto fíxose no comezo do século XX, cando era Colexio para persoas con algún tipo de eiva (psíquica e física). Meu avó, que era zapateiro, ensinoulle o oficio a moitos xordomudos. Eu lémbroo sempre falando dun xeito moi pausado,xesticulando moito e vocalizando. Quedoulle ese “tic” dende que fora mestre deles e entendíano léndolle os beizos ou pola linguaxe de signos.Logo pasou ser Hospital de Sangue, durante a Guerra.Curiosamente, o Pazo do Hórreo, sede do Parlamento Galego, foi un Colexio de Veterinarios moito antes de ser Cuartel Militar. Coincidencias….
Viña comentar algo sobre a retranca da foto xunguida a biografía de Falabarato, pero xa o esquecín despois de ler o comentario tan aclarador e interesante de Mer.
Expresarei únicamente a miña sorpresa de saber que tamén hai STV, [pensaba eu, dende o meu ombligo, que só existían os CTV, cousa que eu non son, dende logo]
Zeltia, creo que en rigor só cabe falar de CTV e PTV (coruñeses/pontevedreses de toda la vida). O dos STV é unha licenza que tomei para a ocasión.
Non entendía o de STV. Co comentario de Zeltia (CTV), caín da conta. Tamén hai LTV, estarás de acordo, non si? (no es mi caso, no encajo en ese perfil)Por sorte!