post

ferrolterra/2

A mediados de mes fun como convidado a un congreso da asociación ENCIGA que se celebrou en Narón. Unha vez alí, acordei coas miñas anfitrionas facer unhas fotos e gravar algo de vídeo [A cambio, todo hai que dicilo, fun tratado a corpo de rei].

Agardo que esta especie de videoclip que me saiu pase por vez como “vídeo oficial” do congreso. Non sei, non sei, non sei…

Comments

  1. A boa vontade é o que conta, eu sei que a min gustoume.
    ” O remate das clases do día
    colocade as cadeiras
    enriba das mesas ”
    [ Fíxome gracia o carteliño (que lle queres) ]

  2. puñetera idea de como debería ser un “vídeo oficial” dun congreso.
    así que non podo opinar.
    [quedo a pensar se non dirían nada interesante que non pós falando a ninguén,
    o son é todo para Moby repetíndose as dúas insistentes preguntas].
    ¿podo preguntar cal é o nexo entre a música que elixiches e o congreso? 😀
    [é só por gana de saber]

    • Avatar de xdafonte xdafonte says:

      Son preguntas que se fai todo científico [en estado resacoso, aclaro]

      • Si, jaja, as preguntas de Moby son comúns a científicos resacosos, pero non me resposta vostede á pregunta directa que lle fixen [claro que se non queres -ou non sabes- responder, fareime a longuis]

  3. Avatar de Harmony Harmony says:

    Expoño as mesmas preguntas ca Zeltia (pouco orixinal pola miña parte a estas horas, como para poñerse a pensar). Sempre podes dar unha resposta filosófica…
    “Se acabó el recreo”, dicía outro cartel. Ata o próximo ENCIGA, que serás convidado para gravar outro videoclip, xa o verás e verémolo…

Deixar unha resposta