post

quen sabe canto duran as olivas

Cando ela lle soltou aquelo de A ti gústanche as olivas, non?, sentiu un lixeiro calambrazo. Que raro que digas iso, creo que nunca me viches comer nin a primeira, respondeulle automaticamente e cunha naturalidade máis que discutible. A conversa morreu aquí.

[Xa de volta ao silencio, el trouxo ao seu presente a caixiña que gardara durante meses e meses na despensa da súa casa. Aquelas olivas ásperas do Além Minho conservaron un aspecto impecable ata o día en que foron dar ao lixo. Había tempo que decidira non comelas.]

Comments

  1. O importante non é o que duren as ” cousas ”
    senón se pagan a pena.

    [ …e se as olivas eran ásperas… ]

  2. Asertividade e firmeza.
    Se iso axudou a aumentar a tranquilidade, boa decisión.

  3. Avatar de Descoñecido PERPLEXO says:

    E para os prosaicos non poderia haber unha interpretación da metáfora?

  4. pois ben feito!
    as aceitunas gardadas póñense rancias.
    hai que comelas pronto despois de aliñadas,
    de non ser así… para o lixo, [outras novas virán, plenas de sabor, na seguinte temporada].
    será por falta de olivas!!!!

  5. Avatar de Descoñecido áptera says:

    Eu tamén gardei olivas na despensa. Varias veces. As últimas botaron alí un par de aniños e parecían en perfectas condicións. Un día tentoume probalas e desilusionoume moito ver que xa non gardaban nada do seu sabor.

Deixar unha resposta