post

parrafeos/2

[Onte. Conversación telefónica]

-Gustoume moito o discurso de Vargas Llosa en Estocolmo… [ver/escoitar] [ler en PDF]

-Ese facha…

-Empeza dicindo que aprender a ler foi a cousa máis importante que lle pasou na vida e…

-Bah! Eu non son quen de dicirlle a ninguén o que tén ou non tén que ler, pero o tío ese resúltame intragable como persoa. Que lle dean!

[E xa non dixen máis. Xa non dixen que esas palabras de Vargas Llosa activaron o recordo dos meus primeiros días na escola unitaria de Oza.
…
Lembro que me levou meu pai e que me recibiu na porta a oronda figura de don Salustiano, non menos oronda do que aínda é hoxe -e por moitos anos!-, e alí me sentou, no banco dos máis pequenos, con Luis de Mata, o Blanco de Vilanova, Antonio de Quián e algúns máis.
Suso de Naveira era o que se ocupaba de levarme e traerme moitas veces. Un día, ás poucas semanas de empezar, levoulles un recado a meus pais que nunca esqueceron: Di o mestre que este rapaz aprende moito; hai que comprarlle outro libro.
Despois veu o fútbol, unha verdadeira paixón, sobre todo desde que os rapaces maiores, que eran os que facían os equipos, me empezaron a escoller para xogar con eles. Recordo que algúns dos veteranos me arreaban de vez en cando algunha patadiña máis ou menos alevosa. Entón aparecían os meus primos de zumosol, que eran Paco -o fillo do mestre- e José Manuel de Vales. Os dous gozaban do respecto do resto de compañeiros e sempre miraban polos máis pequenos.

…

A min si que me gustou a designación de Vargas Llosa… e o seu discurso]

Comments

  1. A min tamén me gustou o discurso malia cousas como esta: “Padecemos menos dictaduras que antaño, sólo Cuba y su candidata a secundarla, Venezuela”. Que eu saiba, Venezuela vota a Chávez nun proceso electoral limpo, por máis que lles pese aos yankis.
    Por moi ben que escriba e fale, o Vargas Llosa foi, é e será un facha.
    Parabéns, Falabarato, polo teu blog.

  2. Como olvidar o primeiro día de clase !!!
    Aquela mestra boíña e guapa coa súa bata branca…
    e aquel par de mapas con manivela, entrando a man dereita…[ orondos si, tamén ]
    Non podía entender os choros dalgúns nenos, certo é:
    que na escola de enfrente eu tiña dous irmás máis vellos. De zumosol ?? non sei eu, naqueles tempos,
    serían: “DeleitedaPinta” a mellor e mimada vaquiña da casa.

    [ e como quero e me dá a gana o seguinte que
    lea será de : Vargas Llosa ]

  3. Pois que sorte tivestes cos vosos primeiros mestres… a que me ensinou ler a min era unha meiga malvada, seca, amargada de verse enterrada nunha aldea que vería porca e chea de paletos aldeanos. Non tiña miga de sensibilidade, era clasista e cruel. E da nena que con cinco anos empezou chea de ilusión fixo alguén que temía, tremaba e tiña pesadelos con ir á escola, até diría que me infestou para sempre e ainda hoxe pago o mal que ela me fixo. [non esaxero]
    Mais aprendin a ler moi pronto [calquera non!] e así puiden mergullarme en cinco ou seis historias das moitas que escribiu Vargas Llosa.
    A min tamén me gustou bastante o discurso, había veces en que pechaba os ollos “a ver que di, a ver que di”…
    Tocou temas polémicos coma o nacionalismo, pero dan para reflexionar algunhas das cousas que dixo; e concordo con él na súa definición de “patriotismo”. E tamén no que dí da responsabilidade cos indios, [estou tan farta de escoitar tantas cousas!]

    Do discurso só vira pola tele o anaco en que se pon sensible e chora [e choran todos] e lera tamén algún parágrafo por internet. Pero agora no teu blog lino todo.

    Comno xa che dixen naquelas poucas frases que intercambiamos sobre él o outro día,
    a miña opinión sobre as súas ideas políticas seguramente está basada en informacións tendenciosas e tampouco é froito dunha reflexión profunda. Xa ves: outra cousa máis, das moitas que teño, para o saco das “non debería opinar sobre iso por falta de coñecemento e… sin embargo, falo”

    [Creo que me extendín en exceso co meu comentario. É longo, pero non chega ós 50 minutos]
    😉

  4. Avatar de marinela marinela says:

    eu de vargas llosa algo lin
    gustoume moito, claro, o pantaleón
    e chorei e todo coa festa do chivo

    as súas opinións políticas en xeral non as comparto
    o q di do nacionalismo (e non me considero en absoluto nacionalista) non me gusta nada: cando di que é a plaga do mundo, a q nacionalismo se refire exactamente? ao de galicia, euskadi…? ao dos usa, ao español…??? pa min q non está falando de todos, eh?
    as peores carnicerías da historia teñen máis q ver, na miña opinión, co control dos recursos q con nacionalismo ningún

    canto as ditaduras…digo como berto
    venezuela non é unha ditadura por moito q a el e outros lles joda q chavez saque maioría (e q non sexa tan fácil sacalo de aí polas bravas como é fácil quitar e poñer en áfrica, non?)

    e non vexo ningunha crítica ás potencias occidentais q levan uns cuantos anos recortando drasticamente dereitos laborais (e doutro tipo, véxase güiquiliqs) adquiridos con séculos de loita
    igual é q lle parecen ben…ou q a el non lle afectan os recortes! 😛

Deixar unha resposta