post

un siciliano en silleda

Chámase Vincenzo, é siciliano e leva tres meses en Silleda estudando un ciclo medio de formación profesional. Xa lle vale, non si?

Eliseu fichouno para preparar uns arancini, evento do que daremos cumprida información gráfica dentro duns días, pero este cociñeiro trotamundos, extrovertido, hiperactivo e fuguillas dá para moito máis…

Comments

  1. Meravigliosa!!!

  2. hai persoas que se parecen ao correcamiños,
    e outras ao (pobre lobo?) perezoso [paseniño, paseniño]
    en calquera caso, como o mundo é redondo, por moito que se corra [con perdón] termina un volvendo ao mesmo sitio.
    chantarse un coma un carballo no chan onde caiu a landra,tamén é unha opción: non saberá moito doutras paisaxes, pero da súa saberá dos ventos, das augas, dos soles, das brétemas, dos cambios do outono á primavera… terá observados ata os insectos máis pequeniños.
    Ao fin, quen sabe máis dos seres humanos?,
    quen coñece a moitos superficialmente, ou quen coñece a un en profundidade?

    mencannnnnta como falan os italianos.

  3. Avatar de silledense silledense says:

    ¡Que reportaxe tan interesante che quedou, Xosé! Coñecía a este chico de velo pola pensión Maril. É incrible que sempre teñan que vir os de lonxe a darlle valor ao noso….

  4. Avatar de Descoñecido áptera says:

    E non ho amato mai tanto la vita!…
    Tanto la vita!…
    (Espectacular, Xosé. Xa podían poñer este documento onde eu traballo…)

Deixar unha resposta