Foi con el mercarlle a roupa para saír o día de fin de ano: Un traxe negro moi elegante, dime ela, o apropiado para a ocasión. Cearon en familia, brindaron, tomaron as uvas, intercambiaron os mellores desexos. Cando chegou o momento de saír de marcha, xa en plena madrugada, negociaron a hora de volver: Non antes das seis, que para algo é fin de ano…
A nai, moi bregada nestas lides, deixouse estar na casa, á espera de que chegase a hora acordada. Pero non tivo que agardar tanto, porque o mociño chamouna antes do previsto para pedir papas: Mamá, e se viñeras agora por min aínda me viña ben…





Pero hai que aplaudirlle as altas espectativas ó rapaz! Se despois o corpo non aguanta, tanto tén, ó fin, para el “mañá” é só un adverbio de tempo.
Me da la impresión que la noche se le hacía, por primera vez, eterna?.O puede que yo esté en otra onda por el espacio-tiempo transcurrido desde mi ausencia galaica y he perdido el significado y valor de vuestras expresiones?.
Sácame de dudas, por favor; creo que me estoy volviendo un analfabeto sensible…
Non importa levantarse as 6 ou as 7 pa ir buscar un fillo cando tes a sorte de atopalo (cos tempos que corren) nun estado normal coma cando saiu da casa.
Esta procesión sóame moito, si.
Seguramente, o principal obxectivo do mociño fose conseguir o permiso para saír ata as seis da mañá. Despois de días e días negociando o acordo (polo menos no meu caso), gañar a partida xa é un logro! Se ao final, tampouco piden tanto e confórmanse con menos do que cren.
Ai…! Paciencia!!
Carta para o dilecto Beato Darzádegos:
Os que nos achegamos con asiduidade aos pagos de Falabarato sabemos da súa renuencia a participar no xogo dos comentarios que orixinan os seus artigos. Quen isto escribe é de natural sensible [tamén] e é o primeiro en entender que a cuestión que vostede formula non debe quedar sen a oportuna resposta. Que así sexa, pois.
En efecto, e tal e como presupón vostede, a noite fáiselle longa ao lanzal debutante. Máis que longa, eterna, se me permite que recolla as súas verbas. Quen nos dera estar presentes, e cámara en man, no momento no que a mamá acode solícita ao rescate da súa criatura…
Longa, grata e propicia vida.
Buff, vou correndo mercar un diccionario [bo]
O Beato Darzádegos está atraendo comentarios dun nivelaso
Están moi ben estes retazos da historia cotiá que pos algunha vez que outra….
E quen me dera en moitas ocasións tirar de móbil e poder “mamá, ven por min”…..